logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Et despois desto, en outro dia, esta feira seguiente, dez et septe dias do dito mes de nouenbre, anno sobredito, seendo ajuntados os hommes boos enna iglesia de Santiago do dito lugar de Viueiro Lopo Gallo et Fernan Yanes Viçoso et Juan Yanes de Çeruo, Gommes Gonçalues de Cora, Gonçaluo Yanes de Cora, seu fillo, Gomes Gonçalues de Çeruo, Afonso Eanes Viçoso, Juan Viçoso, Pedro Viçoso, fillos do dito Fernan Yanes Viçoso, Pedro Lopez Viçoso, Juan Fernandez Sazido, Pedro Furtado et con seus jurados Ruy Preçado et Johan Rodriguez de Muros et Alonso Abade et Afonso Marinno et outra muy grande parte de vesinos et moradores da dita vila, et seendo en conçello apregoado segund que o an de vso et custume et en presença de min, o dito Fernand Gonçalues de Caruallido, escriuano et notario publico sobredito, paresçeu ende o dito sennor Obispo et diso que, afirmandose todavia en seus requerimentos et protestaçoes por el feitos et requeridos et protestados contra o dito Conçello que por quanto lle dezian que de feito o dito Conçello se queria et entendia todavia entrometer de fazer os ditos alcaldes sen o requerir primeiramente con os ditos cobres, segundo deuian et eran tiudos enna maneira que dito auia, que el aynda, por mayor abvndamento, os frontaua et requeria outra vez que se quesesen fazer os ditos alcaldes que lle desen et presentasen os ditos cobres que el estaua prestes para os resçeber et para signalar et escoller os ditos alcaldes, segundo dito auia et de lles demandar a penna da dita conpostura et injuria et dapno que por esta razon el et sua Iglesia resçebesen et que protestaua que lle non correse nen pasase para elo seu tenpo protestando expresamente de proçeder contra o dito Conçello et contra os vesinos et moradores da dita villa de Viueiro as pennas d -escomoyon et de entredito por toda çensura eclesiastica quando vise et entendese que lle conplia et fose nesçesario et que pedia testimonio segundo de suso pedido avia.

Ano 1419
Título abreviado VIM
Título Viveiro na Idade Media
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed. ) (1991): "De Viveiro en la Edad Media", Estudios Mindonienses, 7, pp. 11-226.
Capítulo 76
Páxina 191
Autoría Fernand Gonçaluez de Caruallido, escriuano de noso sennor el Rey et seu notario publico enna Corte et en todos los seus regnos
Tipo/finalidade/xénero Requirimentos
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Viueiro-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL