logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Saban quantos esta carta et contrautto biren commo eu, Pedro Fernandes Sersido, vesino de Viueiro, outorgo et cognosco que, por rason que eu estaua obligado ao Cabido et Iglesia de Mendonnedo de dar et pagar aas persoas et coengos da dita Iglesia de Mendonnedo en cada hun anno dusentos mor. de moeda vella por foro para sempre polas herdades et casas et vinnas et lagares que ora eu leuo enna figresia de San Johan de Coua, enno lugar de Grallal, que eran da dita Iglesia de Mendonnedo, as quaes leuou et husou Orraca Marquesa, minna madre, en foro; et por rason que o dito Cabidoo se avia agraueado de min, o dito Pedro Fernandes, disendo que lle non avia pagado o dito foro en cada hun anno, segundo que era obligado de pagar; et por quanto me o dito Cabidoo ha feito quita de çinquoenta mor. de moeda vella para en sempre et por toda minna vos; et eu, o dito Pedro Fernandes, ajo de dar et pagar ao dito Cabidoo çento et çinquoenta mor. da dita moeda vella en cada hun anno de aqui endeante, para o qual ajo de dar ditos bees asignaladamente ao dito Cabidoo et asignarlles para elo çerto lugar herdades para que o dito Cabido aja en renda duçentos mor. da dita moeda vella por que el seia ben pagado et aja os ditos çento et çinquoenta mor. de foro por en sempre et que vallan mays çinquoenta mor. en renda os ditos bees alende os ditos çentos çinquoenta mor. ; et por quanto me eu, o dito Pedro Fernandes, ajo obligado ao dito Cabidoo de lle dar os ditos bees et que lle seian sempre obligados et asignados; et por rason que o dito Cabidoo ha enbiado a resçeber os ditos bees de min, o dito Pedro Fernandes, a Diego Peres, thesoureiro de Mendonnedo, et a Lopo Ares, raçoeiro da dita Iglesia, os quaes an de resçeber os ditos bees, en nomme do dito Cabidoo; por ende eu, dito Pedro Fernandes, que dou logo a vos, o dito Diego Peres, thesoureiro, et Lopo Ares, en nomme et vos do dito Cabidoo, en lugar de foro et obligaçon para en sempre, a minna casa que eu tenno enno dito lugar de Grallal, enna qual ora mora Fernando Castellao, con seys jornaes de vinnas que son minnas propias, que laura o dito Fernando Castellao, de que me da o dito Fernando Castellao a meatade en saluo, et mays outros seys jornaes de vinnas, as quaes tenno aforadas ao dito Fernando Castellao por jur de herdade por en sempre ao quinto que ha de dar delas a min, o dito Pedro Fernandes, et a minna vos, que estan enna dita frigesia, as quaes jasen lauradas et reparadas, saluo que estan dous jornaes desta vinna de foro para poer este anno et leuantar en madeyra; commo departe a dita vinna et patromoio de min, o dito Pedro Fernandes, da vinna do dito foro que laura o dito Fernando Castellao et, da outra parte, topa enno caminno publico et, da outra parte, topa enna herdade do Bispo et topa enna dita herdade et foro tod -arredor; as quaes vinnas por las ditas de pertenenças eu, o dito Pedro Fernandes, vos obligo, et mays todalas outras herdades que a min perteesçen por lo dito foro enno dito lugar de Grallal para sempre vos dar et pagar os ditos çento et çinquoenta mor. da dita moeda vella a vos, o dito Cabidoo, segundo et enna maneira que vos fiquen obligadas por Johan Ramos, coengo et notario do dito Cabidoo, et aos prasos enno dito contrautto contheudos.

Ano 1425
Título abreviado VIM
Título Viveiro na Idade Media
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed. ) (1991): "De Viveiro en la Edad Media", Estudios Mindonienses, 7, pp. 11-226.
Capítulo 81
Páxina 199
Autoría Ruy Fernandes, notario publico de noso Santo o Papa
Tipo/finalidade/xénero Obrigazón ("Carta de obligaçon")
Orixe
Lingua
Localización Viueiro-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL