Et o dito vigario, considerando a proueça do dito Cabidoo et queymas sobreditas et mingoa dos officios diuinaes et porque a dita Iglesia Cathedral fose mellor seruida ennos ditos officios, disso que, de asenso et consenso do dito Cabidoo, que anexaba et anexou logo de present todolos beneficios sin cura que vacasen de aqui adeant, que perteescesen a apresentaçon da Mesa do dito Cabidoo, quando et cada que vacasen asi por morte commo por contrato de matrimonio et sinples renunciaçon como por qualquer outro modo et maneira que acontesceren de vacar de aqui adeant.
|