logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

O qual quinto do dito casal e lugar lle aforan con suas entradas saydas perteensas dereitos et dereituras, per tal pelito e condison que o dito P(er)o Est(eve)s en toda sua vida et as ditas vozes depoys del procurar e paguen serventes e endetem por dito quinto do dito casal, segun que el dito P(er)o Est(eve)s e suas voses, reparan e procuran a dita sua metade del o dito V(as)co Prado repara e procura o dito seu quinto do dito casal e leve todos os fruitos novos e outros qualesquer que deus den en cada hun anno enno dito quinto do dito casal do dito ospital sen dar delo outro quinnon nene rason, salvo tansolamente que o dito P(er)o Est(eve)s e ditas duas suas voses den e paguen en cada hun ano ao dito ospital por foros renda e penson cinqo maravedis de moeda vella branca en tres dineiros por dia de san M(arti)no do mes de novenbro E que seian prudentes e obedientes ao dito ospital et seu ovensal e procurador enno dito foro et lle non pasen sennor a rostro por seus dereitos E se quesesen vender ou enpinorar o dereito que ouvesen enno dito foro por rason da benteitoria que en el fezer que o fasan ao dito ospital a tanto por tanto ante que a outro algun e non o querendo dito ospital et seu ovensal que enton aforen a persoa ygual desi que fasa e cunpra o dito foro e acabadas as ditas voses que o dito quinto do dito casal con toda sua benfeitoria fique ao dito ospital livre e quite e desembargado do dito P(er)o Est(eve)s e de seus erdeiros E obligou o dito P(er)o M(igu)el os beens do dito ospital alle faser o dito foro saao e de paz et ao defender con ele a dereito de quen quer que llo enbargase E o dito P(er)o Est(eve)s que era presente por si e suas voses resebeu en si o dito quarto do dito casal de foro pola guisa e condisoes sobre ditas et obligou dello con todos seus beens et proveson Otrosi as ditas partes de pena que qualquer dellas que contra este contrato for et o non pasar e aguardar que peyte a parte aguardante trescentos maravedis de dita moeda E a pena pagada ou non que este estrumento et as cousas en el contiadas fiquen firmes e valam durante o tenpo das ditas voses contra o qual todo as ditas prenonsiaron et cada hun por sua propia renunciacion a toda ley e dereito cuanto o aquel escripto e non escripto que tal penna ouvessem pra vinna contra o sobre dito que lle non vallesem en iusio nen fora del et en especial renunsiaron a ley e dereito que diz que geeneral renunciosion non valla Et esto en como pasou as ditas partes pediron a mi dito notario sennos estrumentos en hua tenor Esto enno dito lugar enno mes e dias sobre ditos Testes que foron presentes J(ua)n R(odrigu)es de Padroso e Ruy Lopes clergo e coro da igleia de Tuy e Al(va)ro de Camoes e P(er)o Alva(re)s carpenteiro vesinnos da dita cidade.

Ano 1453
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo A4
Páxina 309
Autoría Lourenso Rodrigues notario publico iurado da cidade de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Foro ("estrumento de aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Tuy [Tui-P] (Tuy [Tui-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL