logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

In dei nomine amen Sabeam quantos este publico instrumento de doaso virem que enno anno do nascemento do noso sennor Ihesucristo de mill e quatrocentos et quarenta e hun anos dez e seis dias do mes de abril, enna cidade de Tuy enna presensa de mi L(oren)so R(odrigu)es, notario publico iurado da dita cidade e do obispado de Tuy, e das testes adeante scriptas, Ruy P(ere)s, notario da dita cidade, e sua muller Est(efa)nia Fern(ande)s que eran presentes diseron que elles e M(arti)n L(oren)so, carpenteiro vesinno da dita cidade, compriran de por meo a aarees de Fernan P(ere)s, notario que foy da dita cidade, parte de hua cortinna que ias onde chaman Rey Miro da cerca da dita cidade que parte de hua parte per la congostra publica que vay prao minno e de outra parte con cortinna de Elvyra G(ome)s das adegas e topa contra cima en cortinna do ospital da dita cidade que por el tragen os ditos Ruy P(ere)s e sua muller en sua vida aforada e topa contra fondo contra o Minno en cortinna da igleia de san J(ua)n do Porto e entra en ella hua peça manas de cliave, da qual dita cortinna asi devisadada a meatade era sua e a outra meatade do dito M(arti)n L(ouren)so, em ora que eles ditos Ruy P(ere)s e sua moller, ambos a dous, non constringidos per forsa nen endusidos per via denganno mais de suas propias e livres voontades depro Que davan e deron et outorgaron en pura livre et simple doason entre vivos, segun doason en tal caso mellor poder et deven valer de dereito, ao dito ospital da dita cidade a adita sua patse da dita cortinna suso devisada pra sempre iamais, pra aiuda et sustentason dos proves que ao dito ospital vierem e feseron das casas e cousas del Per esta condison que elles ambos et cada hun delles tivessen a dita cortinna em toda sua vida desimo a deus sen pagar della algun tributo ao dito ospital Et asta seymento delles et de cada hum delles ficasem ao dito ospital, livres e quites e desenbargada pra todo sempre iamais segun dito he Et procuraron et outorgaron, daboa fe de deus e sem mais enganno et per iuramento que sobrellos fezeron, sobre la sinal da santa vera cruz que trageron con suas maos contra e en el logar dos santos evangeos, non virem contra esta dita doason en algun que per e nen por outro en iuso nen fora, sub obligason de seus beens moveles e de raiz que pra ello obligaron e subpreso de quenentos maravedis branca en tres dineiros o moravedi de todos los outros dannos menoscabos et interceson que pela causa esto que por sua culpa et ocasion se dotasen ao dito ospital en qualquer mana, en que esta dita pena e custas perdas e dapnos pagos ou non pagos Que senpre esta dita doason valese e ficase firme en seu dereito sobor et depron que esta dita doason fasia ao dito ospital porllo amor de deus et porel de suas almas et porque era suas vontades delles della fazer e non por outra rason pena nen coluson algua Acerca das queos cousas e qualquer dellas pasoudesi et de sua aiuda e con todos los dereitos tantos et temis mounisipaas estatutos husos costumes scriptos e non scriptos privileios e liberdades e concesions de todoeles clarificados et avisados que nunca ende disesen nen allegasem outrosi en iusio nen fora et seo disesen quelles non valesem nen fosen sobre ellos oidos E demays renunciaron a a ley et dereito que diz que a renunciacion dos dereitos eprodusida sub clausula geeral he nihum ou non val salvo se de todos elles he avisado ou clarificado equal que os renuncia et aus leys e dereitos que valesen que a general renunciasion non valla et atoda outra execuson de feito ou de dereito que contra esto podesen dar ou allegar ou ser oidos en termino do qual outorgamento ende Este estrumento de doason por mi dito notario et testes iuso scriptas Esto foy enna dita cidade, em casa de morada dos ditos Ruy P(ere)s e sua moller anno mes e dias sobre ditos Testes que fosen presentes A(lvar)o P(ere)s, scrivan, et P(er)o M(igu)es, scrivan e oveensal et procurador do dito ospital, que esto consentia e outrogou at lle aprovou dello et V(as)co Afon(so), alfayate vesinnos da dita cidade.

Ano 1441
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo A9
Páxina 315
Autoría Lourenso Rodrigues notario publico iurado da cidade de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Doazón ("instrumento de doaso")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Tuy [Tui-P] (porta da cidade de Tuy [Tui-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL