logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos este publico estrumento da aforamiento virem Anno do nascemento do noso sennor Ihesucristo de mill e quatrocentos e cinquenta e tres annos vinte e dous do mes de iulio, enna plaça da cidade de Tuy, enpresensa de mi L(ouren)so R(odrigu)es, notario publico iurado da dita cidade e obispado de Tuy, e das testes adeante scritas Pero (...), scrivan vesinno da dita cidade, procurador e obensçal do hospital dela que era presente en nome do dito hospital, aforou e deu aforo e por nome da foramento Alv(ar)o Caminna, escudeiro de Alv(ar)o de Souto Mayor, que era presente e Constansa Eanes sua moller absente, aanbos en suas vidas que hua vos pra duas voses despoys do postrimeiro deles qual ese postrimeiro nomea aseu seymento ou da outro herdaren seus beesn Conven asaber todas las vinnas que o dito hospital ten enno lugar da Soellosa da cerca da dita cidade con hua herdade queesta en onde salsobre las ditas vinnas segun que estan valadas sobresi e con a meatade de quatro devesas queiasen acerca das ditas vinnas et herdade yndo pra asla(...) e a outra metade das ditas devesas seian do dito hospital pra lenna pra el olle pra outra cousa que lle conprir As quaes vinnas herdades e medade das ditas devesas lles aforou con suas entradas e saydas perteensas e dereitos et per tal pleito e condison que, os ditos Alv(ar)o Caminna e sua moller e suas voses e herdeiros, poden caven e aproveiten as ditas vinnas aben vista de homes boos en tal manna que se non parta per mingoa de favor e de boo reparamento E procurar a dita herdade e metade das ditas devesas que se non aellen en maos de outras persoas E den e paguen en cada hun anno ao dito hospital e sua procurador vinte e cinco moravedis de moeda vella de des dineiros o moravedi por dia de san Miguell, do mes de setenbro, Et que seian pruentes e obedientes con o dito hospital con o dito foro Et lle non pasen outro ninhun sennor a rostro con os seus dereitos Et leven prasi todo o fruito que deus der ennas ditas vinnas herdades e metade das ditas devesas Et se quesesen vender ou apenorar o dereito que ouveren enno dito foro por rason de benfeitoria que en elo feseren que o fasan con o dito hospital e a seu procurador a tanto por tanto ante que contra algun et non aquerendo que enton ofasan a perssoa ygual desi que faça e cunpla o dito foro e ascondisoes en este dito contrato contiudas Et acabadas as ditas voses queas ditas vinnas herdades e metade das ditas devesas fiquen ao dito hospital libres e quites e desenbargadas et lavradas as ditas vinnas aben vista de homes boos Et obligou o dito P(er)o M(igu)es os bees do dito hospital alles faser o dito foro saao e de pas e deo defender con el a dereito de quen quer quello enbargar et que non paguen por el outro tributo salvo os ditos vinte ecinco moravedis Et o dito Alv(ar)o Caminna que era presente por si e en nome da sua moller ausente polla quelle se obligou recebeu en si as ditas vinnas herdade e metade das ditas devesas con suas perteensas aforo (...) guisa e condisoes suso ditas E obligou a ello e a todos seus beens (...) e por aver E outorgaron con ditas partes que qualquer quer dellas que contra esto contrato for e non conplise que peute a parte conpriente e aguardante tresentos maroavedis de moeda (..) E a pena pagada ou non que este instrumento e as cousas em el contiudas(...) mes e vallam por lo tenpo e vozes en el contiudas e demais (...) Sobre esto toda ley e dereito canonico e civil scriptos e non scriptos(...) ley da geeral renunciason E pediron a mi dito notario sennos intrumentos (...) en hun tenor Esto foy enno dito logar anno mes e dias sobre ditos Testes que foron presentes Juan Caminna, caongo de Tuy, e P(er)o Eans, mercador, e Iacome A(lvar)es, scudeiro, e Juan G(om)es, alfayate, e Francisco Martiso, adeal vesino da dita cidade e outros.

Ano 1453
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo A14
Páxina 322
Autoría Lourenso Rodrigues notario publico iurado da cidade de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Foro ("estromento da aforamiento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Tuy [Tui-P] (plaça da cidade de Tuy [Tui-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL