logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sepan quantos este publico instromento de aforamiento virem, que enno anno do nascemento do noso sennor Ihesucristo de mill e quatrocentos e oytenta e oyto annos [a sete dias de setenbre], dentro enna cidade de Tuy ennas casas de morada de mi notario, estando y V(as)co Caminna, iuz da dita cidade, e estando y G(om)es Alfonso, alfayate oveençal e procurador da cass do ospital da dita cidade, e estando con ellos Pedro Anes, caldeyreyro vesinno da dita cidade, en presensa de mi Afonso Yanes, notario publico iurado da dita cidade e obispado de Tuy, e dos testes aiuso scriptos Entonçes o dito G(ome)s A(lvare)s oveensal em nome da dita casa do dito ospital aforou e dou a foro e por nome de foro ao dito Pero Anes que estava presente e a sua muller Beatriz G(ome)s que era ausente por la qual se ele obligou que ela ouvese por firme e valedeyro esto que se sygue ambos a dous en hua voz e a duas voezes despois de postrimeyro deles fillo e neto e non avendo y fillo nen neto que seiam as vozes aquellas que o mays deradeyro deles nomeara e se non forem nomeadas que seiam aquellas que de dereito herdarem seus beens Conven a saber oquellos asy aforavan e aforou hua leyra de vinna que ora chamara o dito Pero Anes em leyros acerca desta cidade que era do dito ospital que partya de hua parte de longo con outra leyra de vinna de J(ua)n V(asqu)es carpenteyro e da outra paarte parte de longo con comareyro e chousura da dita vinna e em testa de hua parte con caminno e congostra que vay pra rio de Moynos e da outra parte entesta contra o caminno publico que vay desta dita cidade pra Paasos de Reys a cual dita leyra de vinna asy devysada lles aforou e con ela hua leyra de devessa que he eso meesmo do dito ospital que iaz ennas lageas yndo pra amanteygada que parte de hua parte de longo contra a dita cidade por valado con outra devesa que foy de V(as)co Pardo notario e daoutra parte parte polo caminno que vay pra coredeyra e entesta enno caminno que vay pra dita manteygada e topa contra cima en valado vello A qual dita leyra de vinna e devesa asy devisadas lles aforou enno dito nome con todas suas entradas e saydas quelles de dereito perteesem Et per tal pleito eocondiçom que os ditos Pero Anes e sua moller e vozes e herdeyros reparen a dita vinna e a procurar en tal manna que se non parta per mingoa de boa favor e reparamento e eso mesmo a dita devesa E den e paguen en cada hun ano durante as ditas vozes ao dito ospital por renda foro e penson sasenta maravedis desta moeda que ora corre tres brancas e hun dineiro por maravedi pagados cada hun anno por dia de san Martinno do mes de novembre e asy en cada hun anno durante as ditas vozes Seendo mandados e obedientes con a dita penson ao dito ospital e seu oveensal Non lle pasando outro sennor a rostro con os seus dereitos E querendo vender ou apinorar o dito foro por rasom de bemfeytoria que primeyro saia frontado e requerido o dito ospital e seu oveensal e querendo tanto por tanto que o aian ante ca outro nenhun e non o querendo que entonçes oposam vender ou apenorar a dereito qu tuverem a tal persona que seia igual deles que conpra e page todo segun se eneste instomento de foro contem e queseron e outorgaron ambos as ditas partes que qualqur delas que contra este instromento de foro fose ou pasase em parte ou en todo que peytase de pena e postura ambos sobre sy poyna a parte que o conprese e aguardase dous mil pares de brancas e a pena pagada ou non que este instromento de foro e todo ho em el contiudo ficase e valese durante os ditas voses E acabadas as vozes que a dita vinna e devesa ficase libre e desenbargada ao dito ospital con toda sua ben feytoria Sobre lo qual todas as ditas partes arenunciaron e partyron de sy e de suas aiudas atodas las leys e dereitos e foros e husos e costumes asy eclesiasticas como segrares que por sy queseem dizer e alegar em contrario desto que dito he que non valese em iusizo nen fora del [nen] fose oydo nen escoytado sobre elo Et ho dito Pedro Anes asy reçebeu em dy o dito foro pra sy e pra sua moller e vozes segundo dito he e obligou asy a todos seus beesn movelles e rayzes avidas e por aver de o todo asy teer e conprir e aguardar como dito he e o dito oveensal asy llo outorgou e obligou os bees do dito ospital a ello faser saao e de paz a dereito o dito foro durante as ditas vozes e de todo esto e como pasava e pasou os ditos Pero Anes e G(ome)s A(lvare)s pediron a mi dito notario sennos instromentos ambos feitos en hum tenor pra guarda das suas iustiças Esto foy e pasou asy enno dito logar ho anno e era e mes e dias suso ditos testimonios que foron presentes aesto ho dito V(as)co Caminna, iuz, e Juan Gomes e Iacome A(lvar)es, espadeyro, e Juan da Portela e Ruy Casa e Alberto Castro, vezinnos da dita cidade.

Ano 1488
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo A46
Páxina 354
Autoría Afonso Yanes notario publico iurado da cidade de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Foro ("instromento de aforamiento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Tuy [Tui-P] (Tuy [Tui-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL