logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Era de mill e quatroçentos e tres annos oyto dias do mes de mayo sabeam quantos esta carta virem como eu Rodrigo Estevees vesinno et morador que soo da villa de Bayona de Mynnor por mi e por toda mynna vos vendo et pra todo sempre iamays por ius derdade em maanno et en poder meto avos Fernan Eans clerigo rreitor da igllia de sam Martin de Borreiros et cada vosa vos convem asaber huan cassa que eu ey en esta villa de Bayona na rua que chaman de Gonçalo Eanes da veynna a qual dita casa parte de hun cabo per parede con casa enn que ora mora Aldonça Eanes do souto e da outro cabo parte con casa de que he huna meatade de fillos de Iohan Peres do penedo e a outra metade de vos dito Fernan Eanes como son conbo et con seu eixido que vay sair no muro da congostra da lagarteira que vay pra igllia et ven sair a dita rua que chaman de Gonçalo Eanes da veynan aqual rua vay pra carpynçaria aqual dita casa e eido vos mando con todas suas entradas et saidas e perteenças et dereituras que lle perteesen et perteeser deven de dereito por preço çerto de moravedis que amin et a vos aproveite conven a saber por oyto çentos moravedis de brancas de des dineiros o moravedi os quaes ditos moravedis conosco e outorgo que me foron dados et pagados et a meu ius en poder passados sem mingoa et condiçon nehun et renunçio que nunca ende possa diser o contrario por min nen por outro posmin en iuso nen fora del iuso et sseo disses que me non valla nen sea resebido et a ley que dis que possa poer esta eixecuçion desante doce annos et a todos los outros dereitos e foros et husos e costumes et rasoes et eixeçioes et deffensores que o contrario desto podesem seer oque me posse chamar que non vallam nenn aproveitem Et se esta dita casa mais val queo iusto preso eu volo dou em pura doaçon assy como doaçon mellor pode seer dada entre omes pos bem et aiuda que devos recebi et entendo arreseber Et toda vos et ius et auçon ssenorio et propiedade queen na dita casa avia et aver poderia sem quealquer rason et pos qualquer ques mamoria dem et dasminnas maos otiro et collo et a vos dito Fernan Eanes et vossas noso otraspaso et ponno deste dito dia endeante por todo sempre por esta presente et con a qual dita venta et doaçon que vos da dita casa feço me obligo avos empar et deffender adereito de quem quer que vos ssobrela embargo queser faser ssobligaçon de todos meus beens que pra elo obligo Et quero et outorgo que se algua pessoa assy damina parte como da estranna contra esta venda et doaçon qysses aqui perla desffaser en todo ou em parte delo que non possa et sea ayra de deus et amynna maldiçon et ao ssenor da terra pos pena peite mill moravedis de moeda ssobre dita et contra avos demandas ante vos parte do brado et sua demanda non valla et esta carta ficeson et firme et valla pelo todo sempre iamays feita a carta en Bayona de minnor o dia et mes et Era sobre ditos testes que a esto foron presentes Iohan de Parada et Diego Mitys et Iohan de Castrelos et Domingo Fernandes alfayates et Alvaro Mitys mercador visynnos desta villa de Bayona.

Ano 1365
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B6
Páxina 361
Autoría Gonçalo Affonso notario publico iurado del rey en Bayona de minnor
Tipo/finalidade/xénero Venda
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de minnor [Baiona-P] (Bayona de minnor [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL