logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Era de mill e quatrocentos e tres annos a quatro dias do mes de iuyo sabean quantos esta carta de afforamento virem como estos Rodrigo Vidal e Iohan Gomes clerigos e reitores da igllia de santa Maria de Bayona por nos e en nome dos outros clergos rasoeiros da dita igllia cuios procuradores somos demos et outorgamos afforo a vos Vidal das pesas vesinno de Bayona et a vosa moller Maria Iohanes e a hunn voso ffillo e neto devos ambos tansollamente convem a saber a quarta parta daquel pardinneiro que esta enna rua em que morou Diego de Beiron a qual parte per parede con casa em que morou o dito Diego de Beiron que ora he da dita igllia da huan parte e da outra parte tavoado e perte conna eyra con casa que foy de Maria Camora et sy como vay entestar enn eixido damoran a qual quarta parte do dito pardineiro leixou adita igllia Iohan Diegues como aqui deus prion aqual dita quarta parte do dito pardineyro vos afforamos con suas perteensas et dereituras segun quele perteesen de dereito per tal pleito e condiçon queo adobedes e reparedes per tal guissa que non despersca per mingoa de labor et dedes todo a nos e a os clergos rasoeiros da dita igllia que ora som e seran daver endeante tres moravedis de brancas de x dineiros o moravedi et por foros e por renda cada anno por dia de santa Maria dagosto et con esto que dito he vos outorgamos de amparar e defender a dereito polos bens da dita igllia que para ello obligamos Et a vosos seimento e da dita vosa moller e pessoas que ao dito foro fique libre e quite a dita igleia con sua benfeytoria Et so avedes de vender ou oupinorar o dito foro que o fagades ante a nos que doaron tanto por tanto que non o querendo nos que enton o fasedes a pessoa ygual de vos que nos faga e compla o dito foro Et eu Diego Vidal das pedras presente desto que dito he Et Fernan Rodrigues por min e pola dita minna moller e pessoas que non estan presentes pollos quaes obligo meus beeens que diam esto por firme asy resebo de vos os sobre ditos o dito foro pollas condiçoes sobre ditas e prometo deas teer e complir mi todo segun dito he Et qualquer das partes que esto non complir nen aguardar que peyte daoutra parte que o guardar e guarde por pena quenentos moravedis de brancas e de pena pagada ou non pagada que esta carta e todo quanto sse enella conten ffique ffirme et estavel e valla como dito he ffeita a carta em Bayona os dias e mes e era sobre ditas testes Rodrigo Martines abade da dita igllia e Rodrigo Yanes e Reinaldo Yanes seu criado capador e Rodrigo Cougille scrivan e outros Et eu Lorenso Martines notario publico iurado por el rey en bayona de minnor e en seu alfos desto presente fique e escrivin e aqui meu nome e signal pugne que tal he.

Ano 1365
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B7
Páxina 362
Autoría Lorenso Martines notario publico iurado por el rey en bayona de minnor
Tipo/finalidade/xénero Foro ("carta de afforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización bayona de minnor [Baiona-P] (Bayona [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL