logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Era de mille quatro çentos e quinse annos dez e setes dias do mes dabril Sabeam todos que sobre pleito e contenda que era e asperava aaser ante nos Alvar Peres arcediago de montes enna igleia de Tuy e abade da meetad da igleia de santa Maria de Bayona sem cura e Rodrigo Vidal e Iohan Gomes da rramalosa e Estevan Moongo e Gomes Centeo e Afonsso Esteves e Ruy Martines o vello e Ruy Martines Culay e Iohan de Pesegueiro e Iohan Martines Rodoan e Iohan Martines clergos da dita igleiaa de santa Maria de Bayona de hua parte Et eu Afonso Martines da rua do pescado com minna moller Maria Gomes que esta presente e outorgante da outra parte Sobre rason de hua casa que esta em esta dita villa enna qual ora mora Viçente ferreiro disendo nos os ditos abade e clergos raçoeiros da dita igllia que Teresa Esteves madre que foy da dita Maria Gomes que nos mandaran pela dita cassa e aadita igleia por sua alma sete aniversarias em cada hum anno Et outrosy asaber Tereisa Diegues, Affonso Annes e Maria Gomes que a dita cassa que non era da linna da dita Tereisa Esteves pra lle mandar pela dita cassa as ditas sete aniversarias Et por quanto que as non devya dar a dita igleia e abade e clergos rraçoeiros da dita igleia estas ditas partes veeron aatal avynença e amigavil conposiçon que nos os ditos Affonso Annes e Maria Gomes nossas voses que nos hemos e aiades pola dita casa em cada hun anno dez moravedis de brancas o moravedi Et que agades por eles em cada hun ano pra todo senpre tres aniversarias por la alma da dita Tereisa Esteves e de Diego Dourense Et que as digades huan delas por santa Maria de agosto Et outra por dia de santa Maria de setenbro et outra por dia do corpo de deus Et os quaes Diego Martin vos prometemos e de dar e pagar pola dita casa por dia de sam Miguel de setenbro em cada hun anno Et non vos los dando e pagando do dito dia vos demos poder que posades entrar enna dita casa Et tomar as portas dela sen penna ninhua sem iuis e sem alcalde e sem maoordomo Et sea y oudes que sea toda sobre nos Et por esto nos partimos e anunciamos por todo sempre de todos los pleitos e demandas que nos as ditas partes auyamos e asperamos aver daqui endeante sobre rason da dita casa e aniversarias e sitamos aviudes e pacificados por todo sempre Et qualquer de nos as ditas partes que contra esto for e onon comprir e aguardar que pyte por pena aoutra parte que o comprir e aguardar dous mill e da dita moeda Et a pena pagada ou que esta carta e oque se em ela quite fique sempre firme e estavel e vale por sempre en sua tenor. feita a carta en Bayona a dia e mes e era sobre dita. testes que foron presentes Diego Colaso, Iohan Anes Foinom, Iohan Gomes ome do dito arcediago, Diego allfayate, Ruy Peres de Valença, Iohan de Veiga, Alvaro Trigo e outros.

Ano 1377
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B9
Páxina 364
Autoría Gonsalo Anes notario publico iurado del rey em Bayona de Minnor
Tipo/finalidade/xénero Acordo
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de Minnor [Baiona-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL