logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de aforamento virem como nos Ruy Martines e Alvaro (...) abades da igleia de santa Maria de Bayona e Fernan Mangoo, Iohan Gomes Martines clergo Gomes Lourenso Iohan de San Diego Fernan Eanes, Diego Peres, Gomes Diegues clergos rasoeiros da dita igleia por nos e en nome dos outros clergos (...) da dita igleia demos e outorgamos a foro a vos Tereisa Peres moller que fostes de Fernan Canos mercador e vesiño de Bayona Et a duas pesoas depois de vos hua depois outra quaes de dereito erdaren vosos beens conven a saber a meatade da aquela casa sobradada que esta enna ribera desta dita villa de Bayona a qual foy do dito Fernan Canos e da aquel vos avedes aoutra metade Et da qual dita meatade da dita casa nos ditos todos por nome da dita igleia avemos a quarta parte Et vos dos trasedes a outra quarta parte per manda que nos dela feso o dito Fernan Canos Et a qual dita meatade da dita casa vos aforamos como dito he con sua sita e con todas suas entradas e saidas e perteensas e dereitos que lle perteeser e perteesen deven de dereito per tal pleito e condiçon que a agrasedes e apostedes bem per tal grasa que non despresca per mingoa de favor e de boo paramento e dedes a nos e a os outros abades e rasoeiros que pollos tempos foran enna dita igleia por dia de san Iohan Bautista do mes de iuyo en vida de vos dita Tereisa Peres vinte maravedis de brancas de dez dineiros o maravedi e hua peixota ou gallina e a primeira pesoa vinte et cinque e a dita peixota ou gallina e a segunda pesoa trinta maravedis e a dita peixota ou gallina por ella e destos dineiros e foros avemos de aver nos ditos abades andade con nos ditos rasoeiros a outra metade con o qual dita metade da dita casa asi prometemos e outorgamos de amparar e defender no dito tenpo a dereito per la dita igleia que pra ello obligamos e a voso aseymento e das ditas persoas que a dita metade da dita casa con sua benfeytoria que en ela fiseredes fique livre e quite e desenbargada de vos e de vosas voses a dita igleia por todo sempre Et eu a dita Tereisa Peres que a esto presente soo asi resebo o dito foro per las mannas e condisoes sobre ditas e obrigo meus beens e das ditas persoas a vos dar e pagar e a dita igleia o dito foro en cada hun anno e faser e complir todo esto que se aqui conten Et qualquer das partes que contra esto for e o non complir e aguardar que peyte pena a aoutra parte que o complir e aguardar quenentos maravedis da dita moeda e a pena pagada ou non esta carta e oque en ella conten fique firme e estavel e valla dito tenpo en sua tenor Feita a carta en bayona dia e mes e era sobre ditos Testes que foron presentes Alvar Esteves de Barrantes, Ruy Moreira, Iohan de Canetes clergos, Alvar Fernandes criado do dito Alvar Peres e outros Et eu Gomes Anes notario publico iurado por el rey en Bayona de Minnor et en seu alfoz a esto presente foy e escrivin et aqui meu nome etr signal pugne que tal he.

Ano 1402
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B16
Páxina 370
Autoría Gomes Anes notario publico iurado por el rey en Bayona de Minnor
Tipo/finalidade/xénero Foro ("carta de aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de Minnor [Baiona-P] (bayona [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL