logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de aforamiento viren como eu Gomes Martines mercador vesinno de Bayona por min e por toda minna vos dou e outorgo a foro a vos Iohao Rodrigues e Alvaro Esteves mercador vesinno do dito lugar e a vosa moller Maria Lorenza e a todas vosas voses pra senpre os meus tres quartos das casas das mias casas da ribeira en que eu e Tereisa Gomes minna moller que deus perdon moramos e que vosela conpramos ia vos aforo mays A vos hua quarta parte das ditas casas segun que eu tenno aforada e por aquelas voses da igleia de Bayona con as minnas tres quartas partes do pardineiro que esta iunto con elas contra a rua do pescado que esto mesmo vos aforo pra sempre segun os ditos tres quartos das ditas casas en cima contamos esto todo que dito he vos aforo con todas suas perteensas e dereituras segun que lo perteeser da dita parte per tal pleito e condison que a adobedes e reparedes esto que dito he per grasa que se non desperesca per mingoa de reparamento Et que me dedes por todo cada hun anno por dia de pascoa de resurreçion a minna vos trinta moravedis de brancas de dez dineiros moravedi Et por foros polo dito dia hua galinna Et que comensades a pagar os ditos foros por dia de pascoa de resureison que vera enno anno de mill e quatrocentos e cinquo annos do dito nascemento Et desde endeante cada anno pra dito dia de pascoa como dito he Et obligo meus beens anparar e defender a dereito con esto que vos asy aforo a todo tenpo de quien quer que vos lo enbargar queser Et eu dito lohan Rodirgues e a dita minna moller que ambos somos presentes por nos e por nosas voses asy resebemos devos dito Gomes Martines este foro polas ditas condisoes Et prometemos e aguardamos de as teer conplir e aguardar esto que dito he so obligason de nosos beens que pra elo obligamos Et qualquer de nos ditas partes que esto non conplir e aguardar peyte a parte aguardante por pena quenentos maravedis da dita moeda Et a pena pagada ou non esta carta fique firme e vala como dito he pra sempre Testes Ruy de Mirama e Lorenso de Covian e Diego Nunes ferreiro vesinnos de Bayona Afonso de Caleyraas alfayate e outros.

Ano 1404
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B18
Páxina 372
Autoría Lourenso Martines notario del Rey en Bayona de Minnor
Tipo/finalidade/xénero Foro ("carta de aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de Minnor [Baiona-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL