Sabean quantos esta cartade aforamento biren cmo nos Martin Trigo Iohan de san Domingo Iohan Gomes, Gomes Diegues, Gomes Lourenso, Iohan Martines, Alvar Rodrigues Affonso Anes, Pero Testan, clergos rasoeiros da igleia de santa Maria de Bayona por nos e en nome dos outros clergos rasoeiros da dita igleia demos e outorgamos a foro a vos Fernan Eanes de belsar clergo rasoeiro da dita igleia et a duas persoas depoys de vos hua despos outra quer de dereito herdaren vosos beens conven a saber os tres quartos da aquella casa sobradada que nos avemos en esta dita villa de Bayona enna qual vos ora morades que son da dita igleia et clergos rasoeyros della da qual a outra parte Ius Gomes moller que foy de Fernan Martines binameu aqual esta enna rua que chaman soutello yndo pra aigleia a qual parte per parede con casa en que mora Gyl Peres carniseyro Et entesta en casa de Diego Vidal pedreyro que he da dita igleia e parte per parede em casa em que eu dito Pero Testam moro que linda contra cima de santa Maria Mandalena et aqual vos aforamos como dito he deste dia de san Miguell de setenbro que pasou en esta dita era adeante con toadas suas entradas e saydas e perteensas e dereitos quelle perteçan e perteeçer deven de dereito per tal pelito e condison que a agrasades e apostades ben per tal guisa que non despresca per mingoa de favor e de boo paramento con que dedes en cada hun anno a dita igleia e clergos rasoeyros della por lo dito dia de san Miguel de setenbro quinse maravedis de brancas de dez dineiros o maravedi et hua gallina con os quartos ditos da dita casa vos prometemos de amparar e defender a dereito enno dito aforo per bens da dita igleia que por ello obrigamos e a voso seymento e das ditas pesoas que os ditos tres quartos da dita casa con toda sua benfeitoria que en elles fesedes fiquen livres e quites e desenbargados de vos e de vosas voses a dita igleia e clergos rasoeiros della pra todo sempre.
|