logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nascemento do noso sennor Ihesucristo de mill et quatrocentos et oyto annos qatorse dias do mes de mayo Sabean quanbtos esta carta de aforamento virem como nos Martin Trigo, Iohan desanto Domingo et Gomes Lourenso et Afonso Eanes Iohan Lunas, Gomes Diegues, Pero Testam, Alvar Rodrigues clergos rasoeiros da igleias de santa Maria de Bayona por nos et em nome dos outros clergos rasoeiros da dita igleia demos et outorgamos a foro a vos Beynto Esteves e a vossa moller Orraca Eanes moradores et vesinnos de Bayona et a vosso fillo et neto que seia de vos ambos a dous et non avendo fillo nen neto que seian duas pessoas depois de vos hua depos outra aquens de dereito herdaren vosos beens convem a saber aquel formal de cassa que esta em esta dita villa de Bayona enna rua ho vendee o vinno a qual parte con outro noso formal de casa que de nos ten aforado Fernan Peres e sua moller Moor Esteves Et da outra parte con pardineiro de Gomes Peres de Riba de Minno que foy de Iohan Afonso de Medinna o qual vos aforamos con seu exido segundo sempre loaia e ouvere deser Et o qual vos aforamos como dito he deste dia de sam lohna Bautista prosimo que ven endeante con todas suas entradas e saydas et perteensas ditas que lle perteesen et perteeser deven de dereito per tal pleito et condison que a cubrades a cassa de tella et de madeyra et do alque ouver mester deste dia se sam miguell de setembro primeiro que vem ata dous annos complidos primeyros siguientes Et a mantenades per tal grasa que non despresca per mingoa de favor Et de boo paramento et que dedes a nos a a os outros clergos rasoiros que pelos tempos forem en na dita igleia en cada hun anno por lo dito dia de sam Iohna Bautysta quatro maravedis de moeda vella et hua gallina em vosa vida et as pessoas que depos de vos virem que den cinqo maravedis et dita gallina Et que començedes de pagar odito foro deste sam Iohan que vem ahum anno Et deli emdeante en cada hun anno polo dito dia con aqual casa vos prometemos e outrogamos de emparar e defender a dereito enno dito tempo pellos beens que pra ello obrigamos da dita igleia et a voso seymento das ditas pessoas que a dita casa e eyxido con toda sua benfeitoria que em ela feseredes fique livree e quite et desenbargada devos e devosas voses a nos et a dita igleia et clergos rasoeiros della por todo sempre Et eu o dito Beento Estevees que desto presente soo fasente por min et por la dita Orraca Eanes minna moller que non esta presente por la qual obligo meus beens que ela sea esto por firme et estavel no dito tenpo et pessoas asy resebo de vos odito foro pela manna et condiçoes sobre ditas et obligo meus bens e da dita minna moller a vos dar et pagar odito foro em cada hun anno et a dita igleia et clergos rasoeiros dela segundo quese qui conten Et qualquer das partes que contra esto for et onon tuver e conprir et aguardar que peyte por pena aoutra parte que o tuver et conprir et aguardar quenentos maravedis da dita moeda et a pena pagada ou non que esta carta et oque se en ela contem fique firme e estavel et valla no dito tenpo en sua tenor Feita a carta en Bayona odia e mes et era sobre dita testes que foron presentes Lorenso Fernandes abade de Bayona Diego Eanes clergo e natural da giesta et outros Et eu Gomes Eanes notario publico iurado por el rey em Bayona de minnor et em seu alfos a esto presente foy et escrivim et aqui meu nome et signal pugne que tal he.

Ano 1408
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B21b
Páxina 378
Autoría Gomes Eanes notario publico iurado por el rey em Bayona de minnor
Tipo/finalidade/xénero Foro ("carta de aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de minnor [Baiona-P] (Bayona [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL