logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de aforamento virem como eu Francisco Domingues mareante vesinno da villa de Bayona de Minnor fazente por min e por todas minnas voses dou et outorgo aforo avos Lourenso de Pontevedra morador que sodes en esta dita villa de Bayona et a vosa moller Maria Rodrigues et a duas persoas devos hua pous outra quens de dereito erdaren vosos beens. conven a saber hun pardinneiro que foy casa que esta en outeira enna rua en que mora Anton Martines et Duran Martines o qual dito pardinneiro parte de longo a longo per parede con pardinneiro que foy de Diego dos Santos edo outro cabo parte con casa de Maria Vidal moller de Vasco Rodrigues iustisia desta dita villa en que vos o dito Lourenso de Pontevedra ora morades e entesta con o outon em outro pardinneiro que foy do dito Diego dos Santos o qual dito pardinneiro que vos asi aforo ami perteesiente por erancia de meu padre Domingo o qual vos aforo con todas suas entradas e saydas e perteensas que lle perteeser deven de dereito per tal pleito e condison que a levantedes en casa cuberta de tella e madeira doie este dia ata dous annos conplidos primeiros seguentes e ela levantada e cuberta que a reparedes ben en grasa que non despresca per mingoa de adobo e do boo reparamento e que me dedes de (...) foro en cada hun anno por dia de san Miguell do mes de setembro o quatro maravedis de moeda vella branca en tres dineiros ou da (...) moeda en que se pagaren os outros foros de casas en esta dita villa e por foros en cada hun anno por lo dito dia hua (...) boa galiña. ou tres maravedis por ela e avedesme de faser a primeira paga deste dia de san miguell primeiro que ven (...) a hun anno e asi en cada hun anno. con o qual dito foro avedes de ser defesos e amparados vos e as ditas voses per meus beens que vos pra elo obligo de quen quer que se demandar ou embargar e avendo de vender ou sopenorar este dito foro que vos asi faso que o fasedes anos e anosas voses tanto por tanto e non o querendo nos nen as voses que o fasades a persona que seia igual de vos que apele e pague o dito foro e acabado o dito tempo de vos e a dita vosa moller e vosas que a dita casa con toda sua benfeytoria que enla estuver sita fique livre e quite e desnbargada a my e aas ditas minnas voses.

Ano 1425
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B31
Páxina 387
Autoría Lorenso Eanes notario publico iurado por noso sennor el rey enna villa de Bayona de Minnor
Tipo/finalidade/xénero Foro ("carta de aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de Minnor [Baiona-P] (Bayona [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL