logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nascemento do noso sennor Ihesucristo de mill e quatrocentos e quarenta e dous annos çinco dias do mes de abril sabean quantos esta carta de aforamiento vieren como eu Maria Anes moller que foy de Rodrigo de Morana a quen deus perdon moradora que agora soon enna villa de Bayona de Minnor a esto que se adiante segue presente soon con outorgamento de Ines Rodrigues minna filla e do dito Rodrigo de Morana e con Gomes de Camba marido da dita Ines Rodrigues minna filla que presentes son aforo a vos Bartolomeu Afonso mareante e a vosa moller Maria Gomes vizinos e moradores que agora sodes en dita villa de Bayona e vosas voses conven a saber que vos aforo hun pedaso de herdade que esta enna lagarteira que he en esta dita villa que ias iunto con hun pardineiro que vos de nos ten aforado Afonsoa Martines alfayate e sua moller Maria Vidal que entesta contra cima en hua parede que esta osobre lo dito pardineiro oqual dito pedaso deerdade vos lo aforo polo tenpo e voses que eu a teno aforada dos clergos rasoeiros da igleia de santa Maria de Bayona desta dita villa oqual dito pedaso de erdade que vos asy aforo contodas suas entradas e saydas quelle perteesen e perteeser deven de dereito con tal pleyto e ccondison que a labredes e approveitedes porlo tenpo e voses quea temos afora segundo que dito he porlo qual dito pedaso de erdade me avedes de dar en cada hun anno quatro maravedis vellos (...) e outros quatro maravedis polo pardineiro quevos ia trayades aforado e asy son oyto maravedis velos branca vella en tres dineiros por dia de san Miguell do mes de setenbro queven asy avedes adar a cada hun anno con o qual dito foro da dita erdade vos prometo e outorgo devos amparar e defender a dereito de qualquer que vos sobre elo embargo fezer e se vos dito Bartolomeu Afonso e Maria Gomes vosa moller ou voses ouveredes de vender ou apenorar este dito foro que o vendades ou apenoredes a min dita Mria Anes ou a mynas voses tanto por tanto ante que outro algun a non querendo eu nen mynas voses queenton que vendades ou penoredes a tal pesoa que non seia dona nen cavaleiro nen igleia nen monasterio mays que seia tal pesoa que conpra e pague o dito foro e seymento dasditas voses por quenten aforada que a dita erdade e pardineiro fique livre e quite a estos ditos rasoeiros de santa Maria de Bayona e qualquer de nos asi sobre ditas partes que contra esto for que asy non tuver nen conprir que peyte por pena e ynterese a outra parte que o asy conprir e aguardar trescentos maravedis da dita moeda e a pena pagada ou non todavia esta dita carta de aforamiento e as cousas en ella contiudas fiquen firmes e valan en seu tenpo e porque esto seia certo e non vena en dubda nos as sobre ditas partes outorgamos ende asy esta dita carta ante Fernan Esteves notario da dita villa de Bayona aoqual rogamos que escriva ou fecese escrivir das cartas ambas en hua tenor e firmadas de seu nome e signal dell a cada hun de nos as ditas partes asua feyta a dita carta enna dita villa de Bayona anno e mes e dias sobre ditos Testes que foron presentes Juan Farto mareante e Afonso Mateu fillo de Garcia da Cabra moradores enna dita villa de Bayona.

Ano 1442
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B35
Páxina 391
Autoría Fernan Esteves notario publico por noso senor (...) enna dita villa de Bayona
Tipo/finalidade/xénero Foro ("carta de aforamiento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de Minnor [Baiona-P] (Bayona [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL