logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos quatos esta carta de aforamento virem como nos Alvaro de Barrantes, Juan Gomes, Afonso Rodrigues, Alvaro Garcia, Alvaro Gomes, Juan de Leyras, Juan Rodrigues Gomes Esteves de Tebra, Alvaro Lorenso, Lopo Alvaro clergos rasoeiros da igleia de Santa Maria da villa de Bayona de Minnor seendo iuntos enno coro da dita igleia per som de campana taniuda segun que o avemos de noso costume por nos et em nome dos aoutros clergos rasoeiros da dita igleia que presentes non estam Et por nosos subçesores demos et outrogamos [a foro] a vos Juan Fernandes et a vosa moller Elvira Fernandes vesinnos et moradores em esta dita villa de Bayona ambos em hua vos et a duas persoas depois de vos ques vos nomeades avoso seymento et non as nomeando que seiam hua depos aoutra ques de dereito herdaren vosos bees Convem a saber que vos aforamos hua nosa casa chaa con seu saydo que nos avemos em esta dita villa enna rua da ciocheira Et parte de hua parte per parede con casa que foy de Francisco Dagraso em que ora mora Afonso Yanes chamorro et parte eso mesmo da outra parte per parede de longo alongo con casa que foy de Vasco Beisudo emma qual agora mora Garcia de Menciras et say con as portas aadita rua publica et aqual dita casa con seu saydo vos aforamos con todas suas enmtradas et saydas que lle perteser et perteesen deven de dereito deste dito dia em diante durante o dito tenpo per tal pleito e condicosn que a apostedes et reparedes de todo o que mester ouver em grasa que a dita casa seno parta per mingoa de boo reparamento et que dedes a nos et pagedes de foro em cada hun anno et aos outros rasoeiros da dita igleia e anosos subsesores por dia de sam Ioan Bautista do mes de iunyo doze maravedis de moeda vella branca em tres dineiros et por foros em cada hun anno por lo dito dia hua boa pescada con o qual dito foro que vos asi fasemos avedes de seer amparado et defeso a dereito durante o dito tenpo de quen quer que vos lo demandar ou enbargar por los bees das nosas novesarias da dita igleia que vos pra elo obligamos et avendovos ou as ditas voses de vender ou subenpenorar este dito foro que vos asi fasemos da dita casa con seu saydo que o vendades ou subenpenoredes anos os ditos rasoeiros et os outros que despois de nos vieren a adita igleia tanto por tanto et non o querendo nos ou eles que o vendades ou subenpenoredes a persoa que seia igual de vos que nos cumpla et pague o dito foro et avoso seymento et das ditas voses que esta dita casa con seu saydo que vos asi aforamos fique libre et desembargada anos et a nosos subsesores con toda benfeitoria que em ela for feita Et eu o dito Juan Fernandes que presente soo fasente por mi et por la dita minna moller que presente non esta et voses asi outorgo et resebo em min este dito foro per las maneiras et condisoes sobre ditas et nos as ditas partes prometemos et outorgamos de teer et comprir et aguardar todo esto como dito he et se aqui contem et non yr contra el hua parte a outra sub pena de mill maravedis da dita moeda que outorgamos que peite et page a parte de nos que esto non tuver comprir e aguardar a aparte aguardante aqual dita pena pagada ou non este estromento et cousas contiudas fique firme et estavel em sua tenor. feito enna dita igleia anno dia et mes suso ditos .

Ano 1446
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B39
Páxina 397
Autoría Ioao Rodrigues clergo rasoeiro da igleia de Santa Maria de Bayona et notario publico iurado da igleia et obispado de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Foro ("carta de aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de Minnor [Baiona-P] (igleia de Santa Maria de Bayona de Minnor [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL