logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nascemento do noso sennor Ihesucristo de mill e quatrocentos e quarenta e sete annos dez e nove dias do mes de agosto Sabean todos quantos esta carta de aforamento virem como nos Juan Gomes, Afonso Peres, Juan de Feiran, Alvaro Garcia e Juan de Feiras, Juan Rodrigues, Gonsalo Esteves de Tebra, Juan Castelaao clergos rasoeiros da igleia de santa Maria de Bayona de Minnor seendo iuntos enno coro da dita igleia per son de campana taniuda segun que o avemos de uso e de costume por nos e en nome dos outros clergos rasoeiros da dita igleia que presentes non estam e por nosos socesores demos e outorgamos a foro a vos Esteveo Meres e a vosa moller Elvira Peres ambos en hua vos et a duas pessoas de pos de vos hua de pos outra ques vos nomeades avoso seymento Et non as nomeando que seiam hua de pos outra quens de dereito herdaren vosos bens Conven a saber que vos aforamos hua nosa casa chaan que nos avemos en esta dita villa enna rua nova aqual parte de hua parte contra cima per parede de longo ao longo con casa de Juan Fernandes bachiller que vos del tuvedes aforada e da outra parte contra baixo eso mesmo parte per parede de longo ao longo con casa que he de nos ditos rasoeiros qie ora ten aforada Gil Correas Et sal con seu saido segun as outras casas que estam iunto com ela saam Et sal con sua portal a dita rua publica aqual dita casa vos aforamos deste dito dia endeante durante o dito tenpo per tal pleito e condison que apostedes e reparedes a dita casa de pedra e tella e madeira et de todo outro adubeiro que mester ouver em gisa que a dita casa se non parta nen decaya per mingoa de boo reparamento e que dedes e paguedes en cada hun anno de foro a nos os ditos rasoeiros e a nosos socesores que de pois de nos vieren a dita igleia por dia de san Juan Baptista do mes de iuyno dez et oyto maravedis de moeda vella branqa en tres dineiros ou moeda que os valla et por foros en cada hun anno por lo dito dia hua boa peixota con o cual dito foro que vos asi fasemos da dita casa avedes de ser amparado e defeso a dereito durante o dito tenpo de quen quer que vos la demandades ou enbargades por los beens das nosas novesarias da dita igleia que vos pra elo obligamos et avendo vos ou as ditas voses de vender ou sopinorar este dito foro que vos asi fasemos da dita casa que o vendades ou soenpenoredes anos os ditos rasoeiros e aos outros que depos de nos vieren ren a adita igleia tanto por tanto et non o querendo nos ou elles que o vendades ou so enpenoredes a pesona que seia igual de vos que nos cunpla e pague o dito foro et avoso seymento et das ditas vosas voses que esta dita casa que vos asi aforamos fique livre e quite e desnbargada anos et a nosso socesores con toda bemfeitoria que em ela for feita Et eu o dito Esteveo Meres que presente soon fasente por min e por la dita minna moller que presente non esta et voses asi outorgo et resebo em nin este dito foro pelas maneiras e condisoes sobreditas Et nos as ditas partes prometemos et outorgamos de teer complir plir e aguardar todo esto que dito he e se aqui conten et non yr contra elo hua parte e outra so pena de quenentos maravedis da dita moeda que outorgamos que peyte e page aparte de nos que esto non tuver conplir e aguardar a aparte aguardante aqual dita pena pagada ou non este estromento et cousas em el contiudas fiquen firmes et estaveles em sua tenor feito enna dita igleia anno e dia e mes suso dito testes que foron presentes Ruy Galdin et Juan da Conteirosa clergos et Lourenso Anes polveiro et Juan Rodrigues dito clergo vesinnos da dita villa Et eu o dito Juan Rodrigues clergo rasoeiro enna dita igleia de Bayona et notario publico iurado da igleia e obispado de Tuy con as ditas testes presentes foy et escrivin et aqui meu nome et signal pugne que tal he.

Ano 1447
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B40
Páxina 398
Autoría Juan Rodrigues clergo rasoeiro enna dita igleia de santa Maria de Bayona et notario publico iurado da igleia e obispado de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Foro ("carta de aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de Minnor [Baiona-P] (igleia de santa Maria de Bayona de Minnor [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL