logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nascemento do noso soñor Ihesucristo de mill e quatrocentos quarenta e nove annos trese dias do mes de fevreiro Sabeam todos quantos esta carta de aforamento virem como nos Pero Afonso, Iohan Gomes, Iohan Diegues, Iohan de Ferran, Alvaro Garcia Martin Afonso, Iohan Rodrigues, Alvaro Peres, Iohan Castellao, Lopo Afonso, Pero de Sea clergos rasoeiros da igleia de santa Maria da vila de Bayona de Minnor seendo iuntos enno coro da dita igleia per som de ampaan taniuda segun que o avemos de costume por min et en nome dos outros clergos rasoeiros da dita igleia que presentes non estam et por nosos sosesores demos e outorgamos aforo a vos Afonso Lorenso pescador fillo de Lorenso de Pontevedra et a vosa moller Enes Galarida vesinnos e moradores em esta dita villa de Bayona anbos em hua vos et a duas persoas depois de vos hua de pos outra ques de dereito herdaren vosos bees Conmven a saber que vos aforamos hua nosa casa chaan que nos avemos em esta dita villa que esta enna rua travesa de cuncheira que vay pra omonte pra onde disen afeira aqual dita casa soya de trager Iohan Pasturino o vello que deus perdom et aqual dita casa parte per parede de longo alongo con casa de Diego Panes de Manufe Et da outra parte esomesmo parte com pardinneiro de Iohan Silvaoo aqual dita casa cos aforamos con todas suas entradas e saydas que de dereito lle perteesen e perteeser devem per tal pleito e condison que vos reparedes a dita casa de todo o adubeiro que le mester feser em grasa e manna que adita casa non decaya per mingoa de favor e boon reparamento et dedes e pagedes anos os ditos rasoeiros et anosos sosesores que depois de nos vierem a dita igleia en cada hum anno por dia de Sam Iohan do mes de iuyno vos e a dita vosa moller em vida de vos ambos dez maravedis de moeda vella contando brancas vella em tres dineiros ou moeda que os valla et hun asunbre de boon vinno ullaaom Et as duas persoas que de pois de vos vierm que dem e pagem doze maravedis da dita moeda et o dito asunbre de vinno en cada hun anno por lo dito dia con lo qual dito foro que vos asi fasemos avedes de seer amparado e defeso a dereito durante o dito tenpo vos e as ditas vosas voses de quem quer que vos lo enbargar per beeens das nosas novasarias da dita igleia que vos pra elo obligamos et avendo vos ou as ditas vosas voses de vender ou enpenorar este dito foro que vos asi fasemos que o vendades ou enpenoredes anos os ditos rasoeiros ou a nosos subsesores tanto por tanto et non oquerendo nos ou elles que entom avendades ou enpenorades a persoa que seia ygual de vos que nos cunpla e page oforo per las maneiras e condisoes sobre ditas et acabadas as ditas voses que a dita casa con toda sua benfeitoria que en ela for feita fique libre et quite e desenbargada aas ditas novesarias e rasoeiros da dita igleia Et eu odito Afonso Lourenso que presente soon fasente por min et por la dita minna moller que presente non esta et voses asi resebo em min este dito foro per las maneiras et condisoes sobre ditas so obligason de todos meus beens que pra elo obligo Et nos as ditas partes queremos et outorgamos que aqualquer que de nos que esto non tener e conplir et aguardar que peite a parte aguardante mill maravedis da dita moeda aquel dita pena pagada ou non esta carta de aforamento et as cousas em ela contiudas fiquem firmes et estavelles e vallam em sua tenor feita at outorgada a dita carta enno dito coro da dita igleia anno dia et mes sobre ditos.

Ano 1449
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B41
Páxina 399
Autoría Ihoan Rodrigues clergo rasoeiro da igleia de santa Maria de Bayona e notario publico iurado da igleia et obispado de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Foro ("carta de aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de Minnor [Baiona-P] (coro da igleia de santa Maria de Bayona [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL