logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nascemento do noso sennor Ihesucristo de mille quatrocentos e cinquenta et seis annos dos dias do mes de setenbre Sabean todos quantos este publico instrumento de aforamento virem, como nos P(er)o A(lvar)o, Alv(ar)o de Barrantes, Ih(ao) G(ome)s, M(artin)o A(lvar)o, Gregorio de Tebra, A(lvar)o G(ome)s, Juan Castelao, Juan Casado, P(er)o de Curro clerigos rasoeiros da igleia de santa Maria da vila de Bayona de Minnor, sendo todos iuntos enna dita igleia per son de campana taniuda segun que o avemos de custume por nos e por los outros clergos rasoeiros da dita igleia que presentes non estam e por nosos foren demos e outorgamos a foro a vos Lorenso da Lourina carpenteiro et a vosa moller Tereisa Anes ambos en hua vos e aduas persoas depois de vos que seian fillo e neto e se non aver fillo nen neto que seian duas persoas depois de vos hua depos outra ques de dereito erdaren vosos bens conven a saber que vos aforamos ametade de hua nosa casa sobradada con seu sotom e sobrado que nos avemos eem esta dita vile enna rua que chaman de ribeira enna qual dita rua mora Artur Vaasques mercador et Pero Mouro mareante et parte de hua parte per parede de longo ao longo con outra casa que he de vos o dito Lourina et da dita vossa moller e da outra parte per parede con casa em que ora mora o dito Pero Mouros que he de santo spiritus e con outra casa que he de santo Esteveo de Syas e enteesta con seu outon en metade casa que he de Gomes Centeo et saay con suas portas enna dita rua publica aqual dita medea casa vos aforamos con todas suas emtradas e saydas et con sua seta e poyal conmo vay topar fasta o mar et a outra metade da dita casa he de vos o dito Lourenso da Loureira et da dita vossa moller por la qual nos os ditos rasoeiros et nosos subsesores avemos em cada hun anno pra senpre quatro maravedis de aniversaria aqual dita nosa medea casa con seu soton e sobrado et seta fasta o mar como dito he vos aforamos este dito dia endiaante per tal pleito e condison que a reparedes de todo oadubeiro que le mester faser por vosa custa em tal guisa et manna que a dita casa se non parta per mingoa de favor et boo reparamento et dedes e paguedes vos et as ditas vosas voses anos os ditos rasoeiros e como as socesores que depois de nos vierem a adita igleia em cada hun anno por lo dia de sam Miguel do mes de setembre trinta e cinquo maravedis de moeda vella branca vella em tres dineiros ou moeda que os valla et por foros em cad hun anno por lo dito dia hun boo capon ou galina que seia de resebreiro o qual dito foro da dita mea casa que vos asi facemos como dito he avedes de seer anparado et defeso a dereito durante o dito tenpo de quenquer que vos lo demanda ou enbargar per beens das nosas noversarias da dita igleia pra elo obligamos et avemos vos ou as ditas vosas voses de Loureira ou soenpinorar este dito foro da dita medea casa que vos asi fasemos que o vendades ou so enpenoredes tanto por tanto anos os ditos rasoeiros ou a nosos socesores que depois de vos vieren enna dita igleia et non oquerendo nos ou elles que enton ovendades ou senpenoredes a tal pesoas que seia ygual de vos que nos cunpla e pague o dito foro et penson enna manna que dito he et a voso seymento et das ditas vosas voses que esta dita mea casa con toda abenfeitoria que em enla foi feita fique livre e quite e desenbargada aas ditas noversarias e clergos rasoeiros eiros da dita igleia et nos os ditos Lourenso Lourina et Tereisa Peres minna moller que presentes somos fasentes por nos et por las ditas nosas voses por las ques obloigamos os nosos bens mobeles et rayses que o seam por firme et estabell en qualquer tenpo asio outorgamos e resebemos em nos odito foro da dita medea casa como he sob obligason dos ditos beens que pra elo obligamos et nos as ditas partes presentes e outorgantes queremos e outorgmaos que qualquer de nos que esto que dito he e se aqui contar non tuver conplir a aguardar que peyte e pague a aparte aguardante mill maravedis da dita moeda aqual dita pena pagada u non este dito instromento et as cousas em el contiudas fiquen firmes e estaveles et vallam em sua tenor feito et outorgado enna dita igleia de Bayona o anno dia et mes sobre ditos testes que forom presentes Juan Rodrigues bachiller et Alvaro(...) iurado da dita vila et Alvaro de Nespereira clergo reitor da igleia de samtyago de (...) e Fernando de vidella clergo criado do dito Martin Alvares et outros Et eu Juan Rodrigues clergo rasoeiro da dita igleia de santa Maria de Bayona et notario publico iurado da igleia et obispado de Tuy con as ditas testes presente foy et escrivin at aqui meu nome et signal pugne que tal he.

Ano 1456
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B43
Páxina 402
Autoría Juan Rodrigues clergo rasoeiro da dita igleia de santa Maria de Bayona et notario publico iurado da igleia et obispado de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Foro ("publico instrumento de aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona [Baiona-P] (igleia de santa Maria de Bayona [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL