logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nascemento de noso sennor Ihesucristo de mill e quatrocentos e cinquenta e nove annos quatorse dias do mes de novenbro sabean todos quantos este publico strumento de aforamento virem como nos Pero Alvares Juan Gomes Gomes Alveres Juan de Barros Gomes de Tebra Alvaro Lorenso Juan Castelaao Gomes neto Juan de san Diego Alvaro cevino clergos rasoeiros da igleia de santa Maria de Bayona de Minnor seendo todos iuntos enno coro da dita igleia per som de canpana tangida por o que avemos de costume fasentes por nos et por los outros clergos rasoeiros da dita igleia que presentes non estan et por nosos socesores demos e outorgamos a foro a vos Alvaro de Panpillon çapateiro e a vosa moller Maria Vicente et a duas persoas depois de vos que seiam fillo e neto et non avendo fillo nen neto que seian duas persoas hua depos outra quaes de dereito herdaren vosos bens convem a saber que vos aforamos os dous tersos da meetade de hua casa chaan con seu saydo que nos avemos em esta dita villa enna rua por onde vam pra a fonte da feira et parte de hua parte per parede de longo ao longo con casa de Pero de Vaiguella alfayate testa da outra parte parte esomesmo per parede de longo ao longo con outra casa que he do Juan Lorenso de Ceta et contra meetade da dita casa et aoutro terso e do hospital de santi spiritu do val de minnor et saay con sua porta enna dita rua publica os ques ditos dous tersos da dita casa con sua parte de ixido vos afgoramos doie dito dia endiante como dito he con todas suas entradas et saydas polo que he de dereito perteesem e perteeser deven per tal pleito et condison que reparedes os ditos dous tersos da dita casa de todo oadubeiro que le mester fosen em tal gisa e manna que non desperesca nen decaya per mingoa de favor et boo reparamento et dedes e paguedes anos os ditos rasoeiros et a os outros que de pois de nos vieren a dita igleia en cada hun anno por dia de san Juan Baptista do mes de iuyno oyto maravedis de moeda vella branca em tres dineiros ou em a moeda en que se pagara os outros foros da dita villa por foros et penson em cada hun anno vos et as ditas voses como dito he con aqual dito foro dos ditos dous tersos da dita casa con sua parte do ixido que vos asi aforamos avdes deser anparado ert defeso adereito durante o dito tenpo de quen quer que vos lo demandare ou enbargare por beens das noses noversarias da dita igleia que vos pra elo obligamos et avendo vos ou as ditas vosas voses de vender ou sopinorar este dito foro que vos asi fasemos que o vendades ouso enpenoredes anos os ditos rasoeiros ou anosos socesores que depois de nos vienen a dita igleia tanto por tanto e non o querendo nos ou elles que enton o vendades ouso enpenoredes atal pesoa que seia ygual de vos que nos cunpla e pague o dito foro enna manna que dito he Et a voso seymento et das ditas vosas voses que os ditos dous tersos da dita casa con sua parte de ixido et con toda sua benfeitoria que em ela for feita fique libre et quite e desembergada aas ditas noversarias et rasoeiros da dita igleia et eu o dito Alvaro de Paupillon que presente soon fasente por min et por la dita minna moller que presente non esta e voses a esto outorgo et resebo em mi o dito foro enna manna que dito he et obligo aelo mi et meus beens avidos et por aver de todo conplir et aguardar todo et enna manna que dita he Et nos as ditas partes presentes et outorgantes queremos et outrogamos que qualquer que de nos que esto que dito he e se aqui conten non tuver conplir et aguardar que peyte e pague a parte aguardante mill maravedis da dita moeda a qual dita pena pagada ou non este dito instrumento et as cousas en el contiudas fiquen firmes et estaveles et vallan em sua tenor Feito et outrogado enno dito coro da dita igleia anno dia et mes sobre ditos testes que foron presetes Juan de Fonteiosa clergo rector da igleia de santa Maria Darosa et Lopo Fernandes yrmao de Ruy Lopes clergo et Alvaro Lorenso alfayate et Juan de Camina çapateiro vesinnos et moradores enna dita villa de Bayona e outros Et eu Juan Rodrigues clergo rasoeiro da dita igleia de Bayona et notario publico iurado da dita igleia et obispado de Tuy con as ditas testes presentes foy et escrivim et aqui neu nome et signal pugne que tal he.

Ano 1459
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo B44
Páxina 404
Autoría Juan Rodrigues clergo rasoeiro da igleia de santa Maria de Bayona e notario publico iurado da igleia et obispado de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Foro ("publico strumento aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona [Baiona-P] (coro da igleia de santa Maria de Bayona [Baiona-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL