Sabam quantos esta carta vieren commo nos don Lopo por la graça de Deus et da santa iglesia de Roma bispo de Mendonedo oydor da audiençia de nosso sennor el rey seendo en cabidoo por canpaa tanjuda segundo que he de huso et de custume enna sancristania noua da dita iglesia de Mendonedo et Ruy Lopes coengo bigario de don Pedro Ares dean et Fernan Martines chantre et Ares Peres archidiago de Trasancos et Afonso Gomes archidiago de Montenegro et Fernando Ares archidiago d -Asumara Ruy Fernandes mestrescola Diego Peres thesoureyro Domingo Afonso Aluaro Afonso Afonso Fernandes de Lugo Lopo Garçia Iohan Afonso Afonso Fernandes de Vilaoalle Lopo Dias Afonso Deus Lopo Peres Afonso Eanes pessoas et coengos da dita iglesia de Mendonedo por quanto entendemos que he seruiço de Deus et prol et onrra da dita nossa iglesia de Mendonedo et por tal que o seuiço de Deus fosse acreçentado et non mingado por quanto enna dita nossa iglesia non abia Noa nen la disian y aa ora da Noa depois de jantar segundo que a disen ennas outras iglesias cathedraes nos a rogo et pedimento de don Fernan Martines chantre da dita iglesia de Mendonedo clerigo et prestameyro que he dos nossos prestamos de Santiago de Brauos et de santo Esteuao d -Oyran que son nossos de dar quando et cada que vagar por rason da nossa dignidade de et con consyntimento et outorgamento do dito Fernan Martines chantre et destas ditas pessoas et coengos demos et asignamos et ajuntamos para senpre des oie este dia endeante os ditos nossos prestamos de Santiago de Brauos et de santo Esteuao d -Oyran et os fruytos et rendas deles aa dita nossa iglesia de Mendonedo para que digan cada dia a Noa en seu tenpo et lugar depois de jantar segundo que a disen ennas outras iglesias cathedraes deste regno.
Ano 1396 Título abreviado CDMACM Título Catedral de Mondoñedo Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico). Capítulo 123 Páxina 208 Autoría Johan Ramos coengo et notario da iglesia de Mendonedo Tipo/finalidade/xénero Anexión ("carta de anexaçon") Orixe Orixinal Lingua - Localización Mendonedo [Mondoñedo-Lu] (redacción: cabidoo [Mondoñedo-Lu])