logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Notario presente daredes testemoyo a nos os homes lauradores de Çesuras et de Çonay por nos et por los outros fegleses da see de santa iglesia de Billamayor que connosco queseren seer que frontamos et requerimos a Ares Vaasques de Vaamonde vigario por noso sennor obispo et a don Ares Peres archidiago de Trasancos et don Afonso Gomes arçediago de Montenegro don Roy Lopes archidiago d -Asumara et a todas las outras persoas et coengos et raçoeiros do cabidoo da iglesia de Mendonedo que vejan o mal et danno et força et engano que auemos reçebudo er reçebemos de cada anno en rason das medidas por que pagamos as primenças et foros et fumadegas que deuemos ao dito sennor obispo por quen cresçeron en tanto que acharan por çerto que montan mays da terça parte da medida por que soyamos pagar segundo se ben podia prouar et que paren mentes a Deus et a justiça et as suas conçiençias et en commo nos somos seus seruentes et obedientes para pagar as suas rendas et tributos que lles deuemos et en commo os senpre seruimos con os corpos et con as auenças et que nos desfaçan tan grande agrauio ca a commoquer que nos Garçia Sanches alcalde de noso sennor el rey deu sentença en que mandou su çertas penas que pagasemeos os ditos foros et primenças por la medida toledaa de Santiago por la qual nos feso enbiar por la nosa custa et uos su as ditas pennas que reçebesedes a paga por ela vos nen os os uosos colledores et rendeiros non quesestes nen queredes por ela reçeber a paga ante quando a dita medida Gonçalo Martines alcalde en este bispado por lo dito corregidor mandou poer et pegar aa porta da iglesia confirmando a sentença do dito Garçia Sanches mandou su as ditas pennas en ela conteudas que tomasedes et reçebesedes nosas rendas et tributos por ela et non por outra algua logo a dita medida foy quebrantada en pedaços et posta en seu lugar outra medida moyto mays grande et porque se esta carrega tan grande asi ouuesemos a pagar non podriamos nen aueriamos de que podesemos susteer por ende recorremos nos a Gomes Garçia de Foyos corregidor por noso sennor el rey o qual nos deu sua carta en que pagasemos por la dita medida toledaa segundo que o dito Garçia Sanches mandara et vos os sobreditos tanben noso sennor obispo commo o dito cabidoo que reçebesedes a paga das primenças et nosos foros que vos deuemos por ela et non por outra algua su pena da merçede do dito sennor rey et de dous mill mor. a cada hun de uos a qual carta logo ante vos presentamos et frontamos que a gardades et cunplades en todo su as pennas en ela conteudas se non protestemos de o mostrar querelar a noso sennor el rey et a suas justiças et por onde quer que dereito posamos auer.

Ano 1405
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 133c
Páxina 227
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Requirimento ("requerimiento")
Orixe Copia
Lingua -
Localización (redacción: [Mondoñedo-Lu])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL