logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Saban quantos esta carta viren commo pleito et contenda que era et podia seer mays adeante entre nos don Aluaro por la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma bispo de Mendonedo oydor da audiençia de noso sennor el rey da hua parte et o dean et pesoas et coyngos et benefiçiados do cabidoo da nosa iglesia de Mendonedo da outra parte disendo os sobreditos pesoas et coengos et benefiçiados que elles et o dito cabidoo estauan en jur et posison de apresentar clerigo ydoneo aa terça parte sen cura de toda a iglesia de Santiago de Brauos que ha sita enno arçidiagado de Viueiro quando et cada que ela vagara et nos disendo que este dito benefiçio que estauamos en jur et posison de presenter a el por rason da nosa dignidade episcopal quando et cada que vagou por morte de Aluaro Marques et agora depoys por morte de Pedro Afonso cardeal de Santiago clerigo vltimo que foy del et agora nos por nos quitar de mays pleito et contenda et por gardar seu dereito ao dito cabidoo et outrosy que o noso dereito se non perdese por esta rason nos as ditas partes confiando da boa discreçon et sabedoria de uos Fernando Afonso de Belmonte clerigo consentimos et outorgamos en bos por por juys deste pleito et por esta presente carta vos demos et outorgamos todo noso liure et conprido poder para que sobresta dita apresentaçon aueades o dito pleito et sabeades a verdade por ondequer que mellor poderdes saber et vejades et examinedes ben et diligentemente todo los dereitos da hua parte et da outra et liuredes et declaredes este dito pleito por vosa sentença difinitiua commo achardes por dereito para qual bos demos et outorgamos todo noso liure et conprido poder.

Ano 1410
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 139
Páxina 237
Autoría Johan Ramos coengo et notario da iglesia de Mendonedo
Tipo/finalidade/xénero Compromiso (acerca dun preito) para facer "carta de poder"
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización eglesia de Mendonedo [Mondoñedo-Lu] (redacción: eglesia de Mendonedo [Mondoñedo-Lu])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL