logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Saban quantos esta carta viren commo nos don Gonçaluo por la graça de Deus obispo de Mondonedo por fazer seruiço a Deus et a el rey noso sennor et prol et guarda et honrra noso et da dita iglesia de Mondonnedo et das suas cousas et dos seus vasallos et de uos o conçello de Viueiro et de Pedro Fernandes et Iohan Martines alcaldes dese lugar et de Fernand Yanes juiz et de uosos vesinos et parentes et amigos et das vosas cousas et por fazer amistiça commo deue et que cada hun sea o seu dereito fazemos entre nos obispo et conçello et alcaldes et juyz sobreditos estas posturas que se siguen: primeiramente nos o conçello sobredito prometemos et outorgamos de dar cobros cada anno por dia de San Iohan Baptista ao bispo de Mondonedo para fazer alcaldes des aqui endeante segundo senpre fuy acustumado ata aqui et nos conçello et alcaldes et juyz sobreditos deuemos de reçeber a uos o dito sennor obispo enna villa de Viueiro cada que verredes con vosa gente et con outros que y quiserdes meter todavia a saluo dos alcaldes et juyzes et do conçello et senpre a saluo o sennorio de noso sennor el rey et nos o dito conçello et alcaldes et juizes deuemos aa gardar et defender a villa de Viueiro para seruiço de noso sennor el rey et nos o conçello et alcaldes et juyz non deuemos de resçeber enna villa de Viueiro outro homme ninguno poderoso nen outro por que se posa seguir desseruiço del rey nen de uos o dito sennor obispo nen de uosa iglesia nen uoso danno nen outro homme ningun que seia eamigo de uos obispo nen que faga mal a uos nen aa iglesia de Mendonedo nen aas uosas cousas nen aos vosos vasallos et nos obispo non deuemos a resçebir en nosas terras nen en nosas villas enemigo de uos o conçello nen quen vos faça mal et se andar tal home en nosa terra que vos mal faça deuemoslo a estrannar commo se o fezese a nosos vasallos.

Ano 1319
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 141b
Páxina 239
Autoría Juan Domingez notario del rey en Viueiro
Tipo/finalidade/xénero Convenio sobre a presentación de cobros
Orixe Copia
Lingua -
Localización Viueiro [Viveiro-Lu] (redacción: Viueiro [Viveiro-Lu])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL