logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Et despois desto enno moesteiro de San Domingo de Viueiro dia joues dez et seis dias do mes de nouenbro anno do nasçemento de noso Sennor Saluador Jesucristo de mill et quatroçentos et dez et noue annos este dito dia estando enno refertoyro do dito moesteiro Ruy Preçado et Afonso Marino Afonso Abade Iohan Rodrigues de Muros jurados jurados da dita villa et con seus homes boos Fernan Yanes Viçoso Lopo Gallo Johan Yanes de Çeruo Gomez Gonçalues de Cora Gonçaluo Yanes de Cora seu fillo Iohan Viçoso Pedro Viçoso Afonso Yanes Viçoso fillos do dito Fernan Yanes Viçoso Pedro Lopes Viçoso Juan Fernandes Sazido Pedro Furtado Fernand de Çeruo Gomes Fernandes de Çeruo Fernan Gonçalues de Cora et outros Lopo Çerna et Afonso Paleu procuradores que se disen da dita comunidade da dita villa en presença de min o dito Fernan Gonçaluez de Caruallido escriuano et notario sobredito de noso sennor el rey et das testemoyas adeante escriptas aparesçeu ende personalmente o muyto honrrado en Jesucristo padre et sennor don Gil por la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma obispo de Mondonnedo et diso aos ditos homes boos que presentes estauan que a el era dito et feito entender que os ditos moradores et prouadores et iurados et regidores et vesinos da dita villa asi os presentes commo os absentes se querian entrometer de feito non podendo nen deuendo de dereito de poeren et fazeren alcaldes de foro enna dita villa de Viueiro sen requerir sobrelo ao dito sennor obispo et sua iglesia sabendo eles ben et seendo publico et çerto et notorio que os ditos homes boos et conçello da dita villa de Vivueiro auian ante de dar et presentar çertos cobres de homes ao dito sennor obispo por nomme de sua iglesia pare que el senalase et escollese dous deles quaes fosen mais perteesçentes para o dito ofiçio de alcaldia que gardasen seruiço de noso sennor el rey et honrra de dito sennor obispo et da sua iglesia et defenson et proueito comun do dito conçello segund que ja sobresto por lo dito sennor obispo foran requeridos por vertude de çertas cartas et preuilegios de noso sennor el rey et espeçialmente por vertude de hua carta de conpostura que sobresta razon pasara entre o dito conçello da dita villa de Viueiro a qual dita carta fora presentada publicada et notificada ao dito conçello por min o dito notario.

Ano 1419
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 141
Páxina 245
Autoría Fernan Gonçalues de Caruallido escriuano et notario de nosso sennor el rey
Tipo/finalidade/xénero Esixencia/Pedimento dos dereitos bispais (en materia de designación de cargos e cobros)
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Caruallido [Carballido (en Alfoz, A Fonsagrada, Lugo ou Vilalba)-Lu] (redacción: eglesia de Santiago de Viueiro [Viveiro-Lu])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL