logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Era da naçença de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et viinte et hun annos sabado biinte et dous dias do mes de nouenbro seendo este dito dia en cabidoo por canpaa tanjuda segundo que he de huso et de costume enno paaço dos caualeiros onde acostuman de fazer cabidoo et seendo enton presentes enno dito cabidoo don Juan Diaz dean de Mondonnedo et don Pedro Marinno de Lobeira chantre et vigario geeral do bispado de Mondonnedo et Diego Peres thesoureiro et Gonçaluo Peres Rodrigo Ares Diego Aluares Pedro Martines Juan Engres Juan Yanes Gonçaluo Diaz Juan Yanes de Burela Pedro Diegues Pedro Rodrigues pesoas et coengos da dita iglesia de Mondonnedo o dito Deigo Peres thesoureiro que presente era diso que el et Roy Fernandes mestrescola que foy de Mondonnedo tiinnan aforado do dito cabidoo por sua vida danbos et de cada hun deles os dous casares de Marçan que o dito cabidoo conprara a Aluaro Marques et a Pedro Fernandes de Louro et ao mi(?) frey Pedro que foron dos Pycos et a Pedro Lopes de Mannente et de Mayor Rodrigues sua muller por los quales ditos casares avian de pagar en cada hun anno ao dito cabidoo çento et trinta et çinquo mor. da moneda que pagaren aas rendas do cabidoo os çento et vinte pare o aniuersario de Aluaro Afonso dean que foy de Mondonnedo et os quinze para o aniuersario de Pedro Domingues raçoeiro os quaes avian de pagar en cada hun anno por dia de san Johan Baptista et demays avian de fazer ennos ditos casares hua casa de pedra de oyto braças cuberta de tella et hua corte et prouar as ditas herdades de dous caseiros de terço ou medeo qual ante queseren os quaes caseiros haan de seer defesos segundo que foren os outros caseiros da iglesia de Mondonnedo.

Ano 1421
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 143
Páxina 251
Autoría Johan Ramos coengo et notario da iglesia de Mendonnedo
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización iglesia de Mendonnedo [Mondoñedo-Lu]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL