logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Por ende nos o dito don abbade exsecutor sobredito querendo que o dito dean et personas et canoigos et clerezia da dita iglesia et cabidoo et obispado de Mondonedo gozem da sobredita graça apostolica a eles por lo dito noso sennor o papa en esta parte aquestas sobreditas letras apostolical et todas las cousas en elas contheudas et qualquer delas a vos todos et qualesquer de uos ensinuamos notificamos et intimamos et aa uosa notiçia et de quaesquer et qualquer de uos os sobreditos seeren tangidos queremos por aquestas presentes letras et de todo en todo a vos o dito sennor obispo et bosos bigarios et todos los outros juyses et justiças et alcaldes et terreiros et moordomos eclesiasticos et seglares et rendeiros et alcaualleiros et colledores et fiees das ditas alcauallas et sisas et tributos contheudos en as ditas letras et julgadores que ora sodes ou foren daqui endeante para senpre enna dita ciubdade de Bilamayor et en todas las outras villas et lugares et terminos da dita ciubdade et obispado de Mondonedo et todos los outros sobreditos et quaesquer de uos por la autoridade apostilica de que en esta parte husamos vos requerimos et amoestamos primo secundo terçio et perentorio a todos en comun et a cada hun de uos en singular et a uos todos et qualquer de uos en vertude de santa obediençia et sub penna d -escomoyon difinitiue precipiendo mandamos que do dia que estas nosas letras a vos et a qualquer ou qualesquer de uos foren monstradas ou presentadas ou traslado delas signado de notario publico con abtoridade de justiças ou que foredes requeridos ou requerido por parte dos ditos dean et personas et coengos et raçoeiros et benefiçiados et clerigos do dito obispado de Mondonedo ou por qualquer delles ata seys dias primeiros siguintes dos quaes seys dias os dous por la primeira moniçon et os dous por la segunda et os outros dous dias a vos todos et cada huns de uos por terçio prefigimento et perentorio termino ac monicione canonica asignamus vos todos et cada huns de uos vejades as ditas letras apostolical et este nuestro processo et as cunplades en todo et pior todo ben et conplidamente et non vaades contra elas en alguna maneira por vos nen por outro et vos os ditos alcavalleiros rendeiros recabdadores et colledores enno dito obispado et çibdade das ditas alcabalas et pasajees et portalgos et sissas et tributos çessedes de aqui endeante de todo en todo de molestar nen perturbar nen enquietar nen prendar por vos nen por outros nen trager en juyso directe uel indirecte sobre las ditas alcauallas et tributos sobreditos daqui endeante para senpre aos ditos sennores dean personas en canonicos et raçioneiros et benefiçiados et clerigos et cleresia de toda a dita iglesia et obispado de Mondonedo et qualquer delles por la dita rason ante se lles alguas prendas teedes tomadas ou fianças ou avinenças con eles ou algun delles teedes feitas por la dita rason que las entreguedes logo enno dito termino dos ditos seys dias as ditas prendas que asi deles teuerdes et lles liçençiedes os ditos fiadores et dedes por nenhuas as taes avinenças das ditas alcauallas.

Ano 1423
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 144
Páxina 253
Autoría Diego Lopes de Lourençaa clerigo do bispado de Mendonedo
Tipo/finalidade/xénero Despacho contra o cobro de tributos e transcrición dunha bula papal
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Lourençaa [Lourenzá-Lu] (redacción: sante Ysidino da fiiglesia de Seoane de Calobre [San Xoán de Callobre (Miño)-C])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL