logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Nos, anbas estas partes, conosçemos et outorgamos que, por rason que Nos, o dito Sennor Obispo, seendo eleyto da dita Iglesia de Mondonnedo, en hun con o Dean et Cabildo, demos et avemos dado et outorgado ao dito Afonso Peres, en foro et censo enphitiosyn ou promutaçion, os lugares et flegresias de Galdo et Juanses et Sant Romao de Valle et Sant Estevoo de Vale et San Miguel das Negradas et Sant Cristovoo de Çerdido con has Ribeyras de Sor, con sus vasalos et froytos et rendas et dereytos et justiçia, çevil et creminal, alta et baxa, et mero mixto inperio, et con todos os outros quaesquer dereytos pertenesçentes aos ditos lugares et flegresias et a cada hun deles, pare que os odito Alfonso Peres ouvese et tevese et poseese et levase deles et en eles todos os froytos et rendas et esquilmos et dereytos et todas as outras cousas que a Nos ende pertenesçian et pertenesçer devian, esto paraen vida do dito Afonso Peres et, despoys de sua morte, a duas presonas, a huna qual el nomease a tenpo de seu finamento, se a nomear quisese, et se a non nomease ou non quisese, que fosse aquela que seus bees herdase ou devese herda, que non fose sinon una persona, o ayor de seus herderos, et despoys da morte de aquela persona, que os herdase outra presona, qual aquela nomease, et se a non nomease, que o ouvese aquel que seus bees herdase, o mayor de seus herdeyros, et que non fose mays de outra presona et que fose varón, se o ouvese, et sy non, que fose femea; et despoys da sua vida et das ditas duas presonas, que o ouvese et herdase o soçesor ou suçesores de aquela postrimeyra presoa que os ouvese de aver et herdar despoys da morte do dito Afonso Peres et da outra persoa segunda et postrimera et mays por veynte et nove annos primeyros seguientes, contados desde a dita segunda persoa et de sua morte postrimeyra; et que o dito Afonso Peres et seus herdeyros et subçesores que desen a Nos aa nosos subçesores, en foro et çenso et inphitiosyn, en cada anno, por todo o que dito he, quinientos mor., postos en esta çidade de Vilamayor fasta postrimero dia de cada un dos annos por dia de San Martinno de novenbre de cada anno, sub çertas penas et condiçoos et renunçiaçoos et posturas et obligaçoos, en espeçial, con condiçon que, se o dito Alfonso Peres ou as ditas personas, suçesores et herdeyros, ou qualquer deles, Nos desen çinco mill mor. de juro de heredade ou se Nos desen en promutaçon outros lugares et flegresias ou outra herdade qualquer, que rendese os ditos çinco mill mor., con apresçio de duas presoas boas, que Nos contentasemos con eles, et por ese mesmo feyto os ditos lugares et flegresias et jurisdiçion et dereytos et peytos et vasalos fesen do dito Afonso Peres et de seus subçesores para senpre jamas , para que os podese vender et enajenar et faser deles et en eles commo cousa suya propia, libre et quita, segundo que esto et outras cousas mays largamente he contiudo enno contrato et carta publica, que enna dita rason pasou; et por quanto despoys aca entre Nos, o dito Sennor Obispo, con acordo et consentimento de nos, o dito Dean et Cabildo, da huna parte, et da outra, o dito Alfonso Peres et nos, os ditos Roy Ferrandes et Fernando de Deus et Lopo Gomes, en seu nomen, e trautado troque et canbio et promutaçon dos ditos lugares et flegresias de Galdo et Juanses et Sant Romao de Vale et Santo Estevonn de Vale et San Miguel das Negradas et San Christovoo de Çerdido con has Ribeyras de Sor, con seus vasalos et froytos et rendas et dereytos de padroadgos et outros quaesquer dereytos et justiçia, çevil et creminal, et mero mixto inperio, et con todos seus terminos et montes et defesas et pastos et aguas et con todas suas pertenençias et usos et açones, utiles et dereitas, et con todos os outros quaesquer dereytos perteesçentes aos ditos lugares et a cada hun deles et a Nos et a nosa Mesa Obispal, et con todas as outras suas pertenençias et peytos et dereytos, ordinarios et extraordinarios, en qualquer maneyra et por qualquer causa et rason et de qualquer previleio et calidad et condiçion et ministerio que seja et perteescan et perteesçer devan a Nos et a dita nosa Iglesia et a nosos subçesores; et fuey trabtado entre Nos et vos, os ditos Roy Ferrandes et Fernando de Deus et Lopo Gomes, en seu nomen, do dito Afonso Peres, Nos dean canbio et promutaçon, por todo esto, que dito he, de juro de heredade, para siempre jamays, para Nos, o dito Sennor Obispo, et para nosos subçesores, çinco mill mor. desta moneda corrente, que vale duas blancas hun mor., asentados ennos libros del Rey noso Sennor, situados, señaladamente, ennas rendas do dito Sennor Rey das suas alcavalas desta dita çidade de Vilamayor; et avendo Nos todos sobreditos, Obispo, Dean et Cabildo, capitularmente avido sobre elo nosa prenaria enformaçon de antes, et despoys sobre esto falando et avendo trautado ennos dannos et proveytos que se nos poderian recreçer a Nos et aa dita Nosa Iglesia en se faser o dito troque et canbio ou non, acordamos Nos, o dito Sennor Obispo, con acordo et consentimento do dito Dean et Cabildo, et nos, o dito Dean el Cabildo et personas, canoigos et benefiçiados que o asy consentimos et acordamos, que fasemos sobre elo nosos çertos tabtados et ante de aqueles et de concluyr la dita promutaçon, por mayor diligençia, buscando mays proveyto noso et da nosa Iglesia, acordamos que seria bien que fesésemos pregoar por almoneda publica, por editos publicos, de commo queriamos trocar et promutar os ditos lugares et jurisdiçoos et justicia et vasalos et peytos et dereytos et cousas sobreditas, con outras cousas que tanto ou mays ou de mayor renda ou mays sea ou proveytosa por elo nos desen que os ditos çinco mill mor. de juro de heredade que vos, en nomen do dito Afonso Peres, nos davades et dades; et commoquer que foron postos os ditos heditos publicos et feytos os ditos pregoos et almonedas, non se achou quen tanto nin mays nos dese en troque et promutaçon nen en outra maneyra por os ditos lugares et flegresias et jurisdiçon et peytos et dereytos et cousas susoditas, commo dito he, que vos nos dades; et commoquer que esto foy a nos asy notorio aver pasado, segundo paresçe por los instrumentos pubricos dos abtos et editos et pregoes et almoneda, por mayor abundança et por catar mays proveytosamente utilidade nosa et da dita nosa Iglesia et gardar a forma et ordeen do dereyto con mayor deliberaçon se nos seria proveytosa ou non a dita promutaçon, consederado et trabtando as cousas dos dapnos et inconvinientes que se nos recresçerian en teer et defender et administar os ditos lugares et flegresias et jurisdiçoos et vasalos et os proveytos; et asymesmo que seria en aver et levar os ditos çinco mill mor. de juro de heredade cada anno para sienpre jamas , situados ennas ditas alcavalas da dita çibdade de Vilmayor commo dito he; fasemos nosos solenes trautados, en que acordamos et trautamos entre nos, con moyta maduraçon et deligencia et deliberaçon huna et duas et tres veses;

Ano 1435
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 152bc
Páxina 269
Autoría Ares Gonçalves escrivano do Sennor Obispo et seu notario pubrico enna dita sua çidade de Vilamayor de Mondonnedo Pedro de Horosco notario
Tipo/finalidade/xénero Permuta
Orixe Copia
Lingua -
Localización Vilamayor [Mondoñedo-Lu]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL