logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nasçemento de nosso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et trinta et sete annos luus vynte et hum dias do mes de outubro enno cabildo acustumado da iglesia catedral da cibdade de Vilamayor aa seida da Prima por canpaa tangida segundo custume juntados et capitulo çelebrando et presente o sennor don Pedro obispo de Mondonedo don Pedro Marinno de Lobeira dean da dita iglesia Nuno Rodrigues de Soutelo arcidiano de Trasancos Gommes Peres mestrescola Diego Aluares procurador do cabildo Juan Enriques Pedro de Horosco Alonso Gonaçales Gonçaluo Peres Roy Gonçales Roy Dias Pedro Martines Lopo Ares Juan de Santiago Diego de Carrion Pedro Sonas canonigos da dita iglesia paresceu personalmente don frey Fernando de Magide abbade que agora he do moosteyro de santa Maria de Meyra et frey Afonso de Bian monge et procurador do dito mooesteyro por sy et por lo prior et monges et convento do dito moosteyro et diseron aos ditos sennores dean et cabildo da dita iglesia que ben sabian a boa amistança et fraternidat et soçiedat que senpre ouvera o dito mooesteyro de Meyra abbade prior et monges del con as personas canonigos et benefiçiados desta dita iglesia reçebendo deles muytas ajudas et graçias et defendementos et honrras asi as suas personas mesnas commo as suas terras coutos et granjas et sennori os que som situados enno dito obispado de Mondonedo et sua enteçon et proposito era de continuar a dita amistança que asi avian avido de longos tenpos et faserla mellor con os ditos dean et cabildo se a eles aprouvese en esta guisa fazendo entre si hua ordenança et constituiçon perpetua por maneira de fraternidat et sociedat que cada quando acontesçese de yr et estar qualquer ou quaesquer dos ditos dean et personas canonigos raçoeyros benefiçiaos et oficiaes do dito cabildo ao dito mooteyro de Meyra asi por rason de recreaçon commo por outro modo et por outra via qualquer que mentre ende esteuesen os taes dean personas et benefiçiados et oficiaes do dito cabildo ou qualquer ou quaesquer deles que o dito abbade et prior et convento et offiçaes do dito moosteyro que agora son ou foren ao adeant seian obligados de dar et den de cada dia aos ditos dean personas canonigos raçoeyros benefiçiados et oficiaes do dito cabildo et a qualquer deles tanta et tal et tan grande rason segundo que ha et den ou deren a qualquer que he et for prior do dito moosteyro ou seu verdadeyro valor en dineyro quando ende non ouver de que dar a dita rason asimesmo que lles den pousada et agoa et llenna et sal segundo a deçençia et estado et quantidat et qualidat da tal persona et benefiçiado et ofiçial que for ao dito moosteyro.

Ano 1436
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 154
Páxina 287
Autoría Diego Aluares canoigo de Mondonedo
Tipo/finalidade/xénero Pacto de irmandade ("amistança", "ordenança et constituiçon perpetua por maniera de graternidat et sociedat")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Mondonedo [Mondoñedo-Lu] (redacción: Vilamayor e Meira [Mondoñedo-Lu, Meira-Lu])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL