Anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çinqoenta et tres annos des et noue dias do mes outubre enno lugar et parrochia de Sant Giao de Loyba estando dentro da dita iglesia en presença de min notario et testigos de juso escrptos paresçeu personalmente Gonçaluo Peres de Laurada canonigo da dita iglesia de Mondonnedo et procurador que se mostrou dos sennores dean et cabildo da dita iglesia et por min o dito notario feso leer et publicar aos flegueses da dita iglesia que estauan presentes vn proçeso feito et descernido por lo muy reuerendo en Christo padre et sennor don Afonso de Segura obispo de Mondonnedo por vertud de hua bula a el conçesa por lo muy santo Padre Nicolao quinto moderno en qual se contynna et conten que el anexara a mesa capitular da dita iglesia de Mondonnedo quatroçentas libras et esso mesmo presentou hua açeptaçon que el fesera asy commo procurador dos ditos sennores das duas septimas partes sen cura da dita iglesia de sant Giao de Loyua que agora vacara por morte de Vasco Fernandes de Lugo canonigo de Ourense et benefiçiado que delas fora segundo que vacara por sua morte del ou en outra qualquer maneira que estebesen vacos et diso que requeria et requireu a Juhan Fernandes da Amarroa clerigo curado do dito benefiçio de sant Giao de Loyua asy commo procurador dos ditos sennores dean et cabildo et da dita mesa capitular que su as pennas contyudas enno dito proçeso o posese et apoderase enna poseson vel quasi das duas septimas partes sen cura da dita iglesia vnidas por lo dito sennor obispo et por el açebtadas por libros et cales et vestimentas et canpaa tangida et outros ornamentos de santa iglesia et que proçedese a todo ho a el cometido por lo dito proçeso et o dito Johan Fernandes clerigo et rector da dita iglesia de sant Giao de Loyua diso que commo fillo de obediençia que obedesçia et obedesçeu o dito proçeso et bula en el contyuda et en lo conplindo tomou os libros et cales et vestimentas da dita iglesia de Loyua et os poso et pasou ennas maos et poder do dito Gonçaluo Peres procurador et lle deu a corda da canpaa a que lle mandou que tangese et el tangeu logo a dita canpaa.
Ano 1453 Título abreviado CDMACM Título Catedral de Mondoñedo Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico). Capítulo 163 Páxina 299 Autoría Gonçaluo Yanes canonigo de Mondonedo et notario publico jurado dado do obispo de Mondonedo enna sua çibdade de Vilamayor Tipo/finalidade/xénero Toma de posesión de herdades ("posyson") Orixe Orixinal Lingua - Localización Vilamayor [Mondoñedo-Lu] (redacción: enno lugar et parrochia de Sant Giao de Loyba [San Xulián de Loiba (Ortigueira)-Lu])