logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nasçemento de noso Sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et cinqoenta et tres annos des et noue dias do mes de octubre enno lugar et parrochia de santa Maria de Vares estando enno çimiterio junto con a porta da dita iglessia en presença de min o notario et testigos de jusoescriptos paresçeu personalmente Gonçaluo Peres de Laurada canonigo da dita iglesia de Mondonnedo et procurador que se mostrou dos sennores dean et cabildo da dita iglesia et por min o dito notario feso leer et publicar aos flegueses da dita iglesia que estaban presentes et he Johan Fernandes de Marroaa cura et rector de san Jullao de Loyua que presente estaba hun proçeso de vnion feito et discyrnido por lo muy reuerendo in Christo padre et sennor don Afonso de Segura obispo de Mondonnedo por vertud de hua bula a el conçesa por lo muy santo Padre Nicolao quinto moderno en el qual se contenia et conten que el anexara a mesa capitular da dita iglesia de Mondonnedo quatroçentas libras et eso mesmo presentou hua açeptaçon que el fesera asy commo procurador dos ditos sennores das duas terçias partes sen cura da dita iglesia de santa Maria de Vares que agora vacaran por morte de Vaasco Fernandes de Lugo canonigo de Ourense et benefiçiado que delas fora segundo que vacaran por sua morte del o en outra qualquer maneira que estebesen bacas et diso que requeria et requireu ao dito Johan Fernandes asy commo procurador dos ditos sennores dean et cabildo et da dita mesa capitular que sub as pennas contiudas enno dito proçeso o posese et apoderase enna posison vel casy das ditas duas terçias partes sen cura da dita iglesia vnida por o dito sennor obispo et por el açeptadas por libros et calis et canpaa tangida et outros ornamentos desta iglesia et que proçedese a todo ha el cometido por o dito proçeso.

Ano 1453
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 168
Páxina 305
Autoría Gonçaluo Yanes canonigo de Mondonnedo et notario publico jurado dado do obispo de Mondonnedo enna sua çibdade de Vilamayor
Tipo/finalidade/xénero Toma de posesión á Mesa Capitular
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Vilamayor [Mondoñedo-Lu] (redacción: Santa Maria de Vares [Santa María de Bares (Mañón)-C])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL