logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nasçimento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çinquenta et quatro annos sabado sete dias do mes de setenbro enna çibdat de Vilamayor estando enno paaço dos Caualleiros sito enna claustra da iglesia cathedral da dita çibdat ajuntados os sennores Aluaro Gommes de Escalona bachiller en Decretos chantre ennas iglesias de Mondonnedo et Orense et Nunno Rodrigues de Soutelo arçediano de Trasancos et Lopo Lopes de Teixeiro arçediano de Asumara et Juan Enrriques mestrescola de Lugo et Pedro de Horozco et Afonso Gonçales et Gonçalo Peres et Ruy Gonçales et Gonçalo Yanes et Pedro Martines et Juan Danca et Martin Vaasques et Vaasco das Ynvernegas(?) personas et canonigos da dita iglesia deron en renda et arrendaron os seus dos terços sen cura de toda a iglesia de santa Maria de Vares et fructus et rendas delas segundo que son anexos aa mesa do cabido de Mondonnedo por lo sennor don Afonso Segura obispo de Mondonnedo por vertud de vna bulla apostolica de vnion de quatroçentas libras outorgadas a ha mesa capitular de Mondonnedo a Gomes Dourado canonigo de San Martinno de Mondonnedo que esta presente por sua vida del et por presço et contia de mill et seteçentos mor. duas blancas vellas o mor. ou tres nouas ou outra moeda corrente vsual que tanto valla os quaes ditos mill et seteçentos mor. o dito Gomes Dourado canonigo ha de dar et pagar de cada vn anno ao dito cabido et seu moordomo en pas et en saluo sen desconto algun en esta çibdat de Vilamayor forros et quitos a dous plasos de cada anno ha meatade por dia de Nauidad primeiro que viene da feita desta carta de arrendamento et a outra meytade a dia de Pascua de Resurreçion seguente et sera enno anno de mill et quatroçentos et çinquenta et çinco annos et assi endeante dos outros annos venideros.

Ano 1454
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 175
Páxina 314
Autoría Pedro Horozco canoito de Mondonnedo notario publico por la auttoridat apostolica
Tipo/finalidade/xénero Alugamento ("contrauto do rendo")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Vilamayor [Mondoñedo-Lu] (redacción: Vilamayor [Mondoñedo-Lu])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL