logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nasçemento do noso Sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et sesenta annos tres dias do mes de janeyro dentro da iglesia cathedral de Vylamayor entre o coro et ho altar a sayda da misa mayor en presença de min notario et testigos de juso escriptos estando y presentes la mayor parte dos benefiçiados da dita iglesia a sayda do responso que han acostumado de diser enno dito lugar Gonçaluo Peres de Labrada canonigo da dita iglesia et procurador do dean et cabildo et Johan de Madrid canonigo eso mesmo dada dita iglesia et logo o dito Gonçaluo Peres en presença dos ditos benefiçiados et commo procurador do dito dean et cabildo diso ao dito Johan de Madrid que o sennor don Afonso Segura obispo que fora da dita iglesia por vertud de vn poder a el dado por lo moy santo Padre de boa memoria Nicolao quinto anexara a mesa capitular da dita iglesia çertos benefiçios in perpetuum segund que constaua por aquella anexaçion que ali mostraua ao dito Johan de Madrid et aos outros benefiçiados que estauan presentes entre las quales diso que anexara et anexo duas septimas sen cura do benefiçio de sant Giao de Loyua sito en la diocesis da dita iglesia la qual dita anexaçion leu logo Roy Dias de Luazes thesoureiro da iglesia de Ourense que estaua presente et ela leyda o dito Gonçaluo Peres canonigo procurador sobredito diso que a el era dito et feyto entender que o dito Johan de Madrid se pretendia aver dereito aas ditas duas septimas sen cura et que as queria demandar et que le requeria en nomme do dito dean et cabildo por vertude do juramento por el feyto en que prometera quando lle deran a posison da sua canonigia de seer en probeyto da dita iglesia que non quesese molester aas dita suas partes nen a el sobre las ditas duas septimas sen cura por quato entendia que lle non conpetya a elas dereito alguno et que consentyse enna dita anexaçion et vnion.

Ano 1460
Título abreviado CDMACM
Título Catedral de Mondoñedo
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico).
Capítulo 179
Páxina 327
Autoría Ruy Gonaçales canonigo de Mondonedo et notario publico do sennor obispo (Rodericus Gundisalui canonicus mindoniensis)
Tipo/finalidade/xénero Comunicación sobre pretensión de posesión dunha herdade
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Mondonedo [Mondoñedo-Lu] (redacción: Vylamayor [Mondoñedo-Lu])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL