Para lo qual eles et qualquer deles diseron que obligauan et obligaron a sy et a todos seus beens eclesiasticos et seglares avidos et por aver et diseron que pedian et rogauan et dauan et deron todo seu poder conplido a qualesquer justiçias asy eclesiasticas commo seglares de qualesquer çibdades et vilas et logares ante quen este dito instrumento et arrendamento for mostrado et pedido conplimento et exopcuçion del que lles lo faga asi todo teer et conplir et guardar et manteer et pagar et a qualquer deles et faça ou façan ou manden fazer entrega et esecuçion en eles et qualquer deles et ennos ditos seus beens et de qualquer deles dondequer que a eles et aos ditos seus beens acharen et os vendan et rematen en almoneda publica ou fora dela sen praso de terçero dia et de noue dias et de trinta dias et de outro plazo alguno et sen alongamento et dos mors. que valieren entregen et fagan pago dos ditos mors. et custas et dapnos et yntereses aos ditos sennores ou a seu procurador et mayordomo tan conplidamente commo se as ditas justiçias hou qualquer delas lo oubese asi mandado julgado por sentençia difinitiua et todo oubesse asi passado contra eles et cada hun deles et contra seus beens et de cada hun deles en cousa julgada.
Ano 1464 Título abreviado CDMACM Título Catedral de Mondoñedo Referencia Cal Pardo, Enrique (ed.) (1999): Colección diplomática medieval do arquivo da catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos. Santiago: Consello da Cultura Galega (Ponencia de Patrimonio Histórico). Capítulo 187a Páxina 351 Autoría Gonçaluo Peres de Laurada coengo de Mondonedo et notario publico Tipo/finalidade/xénero Recoñecemento de non xurisdición Orixe Copia Lingua - Localización Laurada [San Pedro de Labrada (Abadín)-Lu, ou Santa María de Labrada (Guitiriz)-Lu] (redacción: Vilamayor [Mondoñedo-Lu])