logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Saban todus quantus esta carta virem et leer oyrem. como heu Martin Pays de Sam Roman, Cavaleyro, por min et por la toda mia voç, a vos don Iohan abade d -Orseyra, et a u convento desse miismo lugar, faço a vos carta de doaçon do meu quinon quanto perven a mia cabeça do villar que chaman Sam iulan de Malbitiriç, por amor de Deus et de sancta Maria d -Orseyra, et por mia alma et de meu padre et de mia madre, et dos avous meus que aquella herdade gaanarun, et por seyrmos quinoeyros en os beys que se a sancta Maria d -Orseyra façerun et faran; et des oge dia, de meu iur seya rasa et in vosso senorio et in vossa mau seya dada et confirmada perpetualmente, ca vo la dou eu muy de boa mente, nengen non constrengente min, senun heu per meu plaçer et per mia boa voontade; avedea, posseydea, doadea, vendedea et toda vossa voomtade della façede assi como das outras vossas herdes que avedes in secula seculorum. Et se alguum home de mia parte, u que heu creu que non seya, que vos quisser embargar ou contrariar aquesta doaçon, que heu a sancta Maria d - Orseyra dey por Deus et por remiimento dos meus pecados et dos meus parentes, quemquer de mia parte que tal cousa comidir ou quiser tentar seya maldito atroes septima generaçon et con Judas traditor padesca as peas do inferno et peyte a u convento de sancta Maria d -Orseyra quanto caumpnar doblado et a a voç de Rey peyte CCos soldos et a carta sempre permaesca firme et in sua rovor.

Ano 1267
Título abreviado CDMO
Título Santa María de Oseira
Referencia Romaní Martínez, Miguel (ed.) (1989-93): La colección diplomática de Santa María de Oseira (1025-1310). 3 vols. Santiago: Tórculo Edicións (1989, 1989, 1993).
Capítulo 942
Páxina 898
Autoría
Tipo/finalidade/xénero Doazón
Orixe Orixinal
Lingua
Localización




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL