logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Saban quantos esta carta virẽ cõmo eu Frey Iohan Afonso dito.... veziño e morador que soy enesta villa de Betanços e frayre que soo da terçera orden por mjn e por mj̃a uoz e de mj̃a liure Et propia uoontade e sen outro costrengimiento algũ dou en dadiua porlo amor de Deus e porlla mj̃a alma e porlas almas de todos aquelles aque eu soo deudo dou outorgo para senpre auos Frey Lopo Manteyga frayre desta dita ordee terçeyra todollos meus bẽes mobles e rrayzes que eu oje este dito dia que esta carta he feyta ajo e me perteesçen dauer e herdar en todas llas partes e lugares do mundo hu quer que os eu aja e me perteesçã dauer E esto faço e outorgo auos por que me plaz e por tal que uos o dito Frey Lopo que me enmentedes en uosa oraçõ e me façades ben por la mj̃a alma E porlas almas de todos aquelles aque eu soo teudo e outorgo que todo ojur e posyson e senoryo e propiadade que eu toyue e teño dos ditos meus bẽes ata este dito dia que seia demĩ rraso e tirado deste dia endeante e ẽno jur e poderyo E senoryo deuos o dito Frey Lopo sseia confirmado e entrado por senpre ja mays e outorgo que esta dita dadiua e esmollda que auos ffaço porllo amor de Deus e por saluamento de mĩa alma e das almas de todos aquelles aque eu soo tehudo que a nõ rrenuçe nen rreuoge en njhũ tenpo que sseia nen diga dello contrario por mĩ nen por outro en juizo nen fora del e seo dizer ou contra ello pasar eu ou outro por mjn que me non ualla nen me sseia rreçebudo. demays outorgo que se eu ou outro algun da mjna parte ou da estrana auos contra esto quiser pasar porlo enbargar ou contraryar en algũa maneyra mjna uoz lle tollo e seia maldito ou maldita ata ssetima geeraçon e peyte a auoz del rrey e a auosa de pormeo por pena dous mjll morauedis dusal moneda E que adita pena pagada ou non pagada que esta carta e todo o que en ella he conteudo que ualla e fique firme para senpre E eu o dito Frey Lopo que presente soo rreçebo en mjn os ditos bees et outorgo et prometo auos o dito Iohan Afonso deuos cunplir et abreger estas ditas condiçoos segundo et ẽna maneyra que en esta carta he contiudo feyta esta carta enna ujlla de Betanços sete dias do mes de Janeyro año do nascemento do noso Señor Ihesu Christo de mill et trezentos et noventa et quatro años testemoyas Gonzaluo Cacheña et Fernan Rodriguez do espital de Betanços et Ferrand Martiz laurador natural de Viueyro (?) et Afonso Garcia escriuan et Frey Aras dEnvaade et Frey Afonso Çapateyro frayres da dita hordee terçeyra et outros Eu Fernand Affonso notario publico delRey em Betanços aesto presente fuy Et ffize escriujr em mjna presença Et poño y meu ssignal.

Ano 1394
Título abreviado DGS13-16
Título Documentos galegos dos séculos XIII a XVI
Referencia Martínez Salazar, Andrés (ed.) (1911): Documentos gallegos de los siglos XIII al XVI. A Coruña: Casa de la Misericordia.
Capítulo 60
Páxina 126
Autoría Fernand Affonso "notario publico delRey em Betanços"
Tipo/finalidade/xénero Doazón ("dadiua e esmollda")
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Betanços [Betanzos-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL