logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Iten outra leyra de vina que iaz ena chousa de Pedro Perez cõmo departe por fondo da vina de Lopo Nuñez dObre et por çima testa ẽna vina de Gonzaluo Garçia et dAfomso Perez et da outra parte testa ẽna vina do dito Lopo Nuñez et por suas deujsões. et todas llas outras herdades caluas et chantadas et jures et lauradias et montesias que eu o dito Fernan dObre et adita mj̃a moller auemos ena dita friglisia de Sancto Andre dObre et as quaes duas leyras rreteemos para nos et damos auos todas llas outras herdades et chantados casas et casares et vinas et jures cõmo dito he por Deus et por nosas almas et para que nos digades et façades dizer en cada hũ año hũa missa cantada ena dita iglesia de Obre en vida de mj̃ o dito Fernan dObre et depoys mj̃a morte que a digades eno dito mosteyro de Monfero por nos os sobre ditos et por nosas almas. aqual dita missa deuedes asy adizer et fazer dizer en dia de Sancto Andre en cada hũ año para senpre segundo dito he. et eu o dito Fernan dObre ajouos a dar et fazer dar os ornamentos para dizer adita mjssa ena dita iglesia de Sancto Andre dObre por mj̃a custa. et des oje este dia que esta carta he feyta endeante nos tyramos ojur et propiedade et posisom dos ditos herdamentos et casas et casares et vinas et en lo mosteyro et em uos o dito dom abbade et conuento del otraspasamos et quem quer que daqui endeante touer et husar as ditas casas et casares et herdamentos et chantados et vinas por nos o dito dom abbade et mosteyro et conuento seia et non por outra rrazõ nen mudamento nehũ et tollemos et partimos de nos todallas léés et dereytos escritos et non escritos canonicos et ciuíj́s et dereyto Valeriano que eu adita Mayor Pááz por mj̃ posa alegar. outros quaes quer husus et custumes que nos os ditos Fernan dObre et Mayor Pááz posamos auer ou alegar que nos non chamemos aeles para esto que dito he contradizer ante espresamente rrenuçiamus os ditos direytos. et tollemos anos toda uoz et auçõ que non posamos mudar esta nosa entençõ et estado nen pasar contra esta dita doaçõ nen arreuocar por testamento nen codiçillo. et se nos auemos feyto testamento ou codiçillo ou doaçõ dante desta mandamos que non valla et esta doaçõ valla para senpre et pidimos et rroganzos a qual quer Juyz ou Justiça asy eclesiastico cõmo segrar ante que pareçer esta dita doaçõ que defendan et anparẽ ao dito mosteyro et abbade et conuento del para senpre que asy he nosa vóótade.

Ano 1415
Título abreviado DGS13-16
Título Documentos galegos dos séculos XIII a XVI
Referencia Martínez Salazar, Andrés (ed.) (1911): Documentos gallegos de los siglos XIII al XVI. A Coruña: Casa de la Misericordia.
Capítulo 62
Páxina 130
Autoría Affonso Eanes "notario publico delrrey enos coutos de Monfero"
Tipo/finalidade/xénero Doazón ("doaçõ")
Orixe Orixinal
Lingua
Localización coutos de Monfero [Monfero-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL