logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

A qual dita carta presentada ante o dito alcalde e lida por min o dito notario segund dito he o dito prior dixo que por quanto el se temia que a dita carta se perdese por fogo ou por agoa ou por furto ou por outra ocasion alguna que pedia e pedio ao dito alcalde que mandase a min o dito notario que sacase dela un traslado ou dous ou mays quantos lle conplisen et os signase de meu signo et que a o traslado ou traslados que eu asi sacase que entreposese aelo sua abtoridade et decreto para que valuesen? e fesesen fe ben asi como o mesmo original por quanto asi mesmo diso que se entendia de aprobeytar deles Et logo o dito alcalde tomou a dita carta enas maos e diso que por quanto el a vya non rota nen rasgada nen chancelada nen en alguna parte dela dudosa que mandaba e mandoua min o dito notario que sacase dela un traslado ou dous ou mays quantos o dito prior quisese e os signase de meu signo et que a o traslado ou traslados que eu asi sacase da dita carta original e signase de meu signo que el entrepuna e entreposo a el e a eles sua abtoridade e decreto e que mandaba e mandou que valuesen e fesesen fe ben asi como o mesmo original paresçendo testigos que foron presentes gomes aluares visiño e Rejedor da dita vila et Rodrigo de Bargia et goncalo de Rendar alfayate visiños da dita vila e frey gonçalo monje do moestero de ponbeyro Et outros Vay escripto sobre Reydo onde dis dita vila e en outro logar onde dis don Et escripto entre Regoes onde dis de un selo non lle enpensca? que asi ha de disere eu o dito notario eaprouo ser asi Et eu o dito Ruy nunes escrivano e notario publico sobre dito A todo esto que sobre dito he presente foy con os ditos testigos e a pedimento do dito prior et por mandado do dito alcalde este traslado da dita carta original saquey e escripui ben e fielmente en testimonio do qual fise aqui este meu signo e nome E tal En testimoyo de verdade Ruy Nunes notario.

Ano 1448
Título abreviado DM14
Título Documento de Monforte
Referencia Leirós Fernández, Eladio (ed.) (1944): "Un documento de Monforte en el siglo XIV", Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, 1, 10-1, pp. 283-92.
Capítulo 1
Páxina 292
Autoría Ruy Nunes escrivano e notario publico
Tipo/finalidade/xénero Doazón ("carta de doaçon")
Orixe Orixinal
Lingua
Localización monforte de Lemos-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL