logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos este público jnstromẽto viren como eu, Gonçaluo Ferrnandes, capellán da capela de San Bieyto da çidade de Santiago, por mj̃ e em nome da dita mjña capelanj́a e de meus subçesores, veendo e entendendo como esto aquí a juso cõtiúdo he feito en prol e proueyto meu e de meus subçesores e dos bẽes e posisõos a ela perteesçentes, aforo e dou en aforamẽto e por rrazõ de foro, d ' oje este dito día emdeante, a vós, Rruj́ Peres de Neyro, labrador, morador ẽna flegresía de San Pedro de Busto, que presente sodes, e a vosa moller, María Afonso, que he absente, ben e asý como se fose presente, por todo tenpo de vosas vidas d ' anbos e de cada hũu de vós, e por máys aalende do postromeyro de vós dúas vozes, hũa en pos outro, e por máis tenpo aalende das ditas vozes vijnte e noue anos conpridos primeyros segintes, as quaes ditas vozes e anos deuen e han de seer nomeadas porlo postromeyro de vós en súa vida e soúde ou ao tenpo de seu finamento, en esta maneyra, que o tal postromeyro de vós posa nomear e nomẽe a primeyra voz e a tal primeyra voz posa nomear a segunda voz e a tal segũda voz posa nomear a persona ou personas que ouuerẽ de teer e auer este dito aforamẽto o dito tenpo de vijnte e noue anos, e nõ sendo asý nomeadas as ditas vozes e anos, como dito he, quero e outorgo que aquel que de dereito ouuer de auer e herdar os bẽes do postromeyro de vós, que ese seja a tal primeyra voz e posa nomear a segunda, e asý subçesiue hũa en pos outra, conuem a saber, que vos aforo e dou en este dito aforamento porlo dito tenpo de vidas, vozes e anos, como dito he, os dous casares que perteesçen aa dita mjña capelanj́a, que son sitos ẽno lugar de Figeyra, da dita flegresía de Sã Pedro de Busto, cõ tódaslas casas e formãas de casas e herdades labradías e mõtesías, áruores e chantados, jures, tẽenças e posisõs aos ditos casares perteesçentes, os quaes ditos dous casares de herdade aa dita mj̃a capelanj́a de San Bieito e ao capelã dela mãdou pera todo sempre Juã de Valença, carnjçeiro, porlos quaes ditos dous casares de herdade vós, o dito Rruý Peres de Neyro, e María Afonso, vosa moller, e as ditas vozes e o que ouuer de aver e teer este dito aforamẽto o dito tenpo de vijnte e noue anos, avedes e deuedes de dar e pagar de foro e pensón en cada hũu ano a mj̃, o dito capelán, e aos outros capelãas que despois de mj̃ foren da dita capela, septe rrapadas de trigo, limpo de poo e de palla, medidas porla medida dereita de Santiago, e máis hũu par de capõos e tres morauidís de moeda vella, todo pago em paz e en saluo en esta çibdade de Santiago, ẽno mes de agosto.

Ano 1451
Título abreviado DMSBC
Título San Bieito do Campo
Referencia Fernández Salgado, Antonio (ed.) (1999): A documentación medieval de San Bieito do Campo. Tese de licenciatura (inédita) presentada na Universidade de Santiago de Compostela.
Capítulo 28
Páxina 91
Autoría Jácome Eanes, clérigo da dióçesis de Compostela, notario público jurado porla abtoridade apostolical e escusador de | [Iohán de Castenda, cóẽgo e notario de Santiago]
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL