Por ende nós os ssobreditos, por nós e porlas ditas nosas molleres e por nosos e seus herdeyros e suçesores, porque nos obligamos e prometemos e outorgamos de dar e pagar a vós, o dito Gonçalo Fernandes, capelán susodito, e a vosos suçesores capelãas que foren da dita capela de San Bieito, en paz e en saluo e sen desconto algũu os ditos quinze morauidís de cada hũu ano perpetuamente e pera senpre jamays por nós e nosos bẽes móueles e rraízes avidos e por aver que pera elo obligamos e espicialmẽte vos obligamos a dita parte e quinõ da dita atafona que asý a dita Margarida Oanes nos dou ẽna dita doaçón pera que, se pagos vos nõ foren os ditos quinze morauidís segũ que dito he, que vos, o dito capelán ou vosos suçesores por vosa propia abtoridade e sen pera elo averdes mester outra carta ou mandamẽto de juíz nẽ de alcalde nẽ de outro ofiçial do dereito e sen pena e calupnja algũa posades tomar e tomedes prenda ẽna dita nosa parte da dita atafona que valla os ditos quinze morauidís ou máys, se máys vos deuerẽ, e a dita prenda asý tomada a posades vender como vos quiserdes, e vos fazer pago e contento de todo aquelo que asý vos for deujdo, e que vos nõ sseja quitado nẽ tirada a dita prenda por nós nẽ por nosos herdeiros e suçesores.
|