Sabean todos que ante min Bernal de la Roqua, juyz ordinario de Santiago, vêô Maria Bernaldes, moller que fuy de Pero Eanes de Uillachââ et dissome que o dito Pero Eanes, seu marido que fuy, era finado et que lle ficara del huun seu fillo pequeno et sen ydade, conuen a saber, Garçia, et que se temya porque este anno era muy graue con mingoa de que as non tîîna de comer et que ella non tîîna que lle dar de comer ao dito seu fillo Garçia que pereçiase con mingoa de non auer que comer, et que non auya auer mouil nen lle ficara do dito seu padre nen ella non tiina per que o mantéér en este anno, et que pedia a min que eu de meu ofiçio lle desse outoridade per que ella podesse uender tanto do herdamento et chantados que ao dito Garçia pertééçe et pertêêçer deue por parte do dito seu padre enna villa de Uillachââ, que he enna frigresia de san Migel de Pereyra, per que se o dito moço podesse mantêêr en este anno.
|