logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabeam todos que nos dom Fernan Eanes, abbade do moesteiro de sam Justo de Toios Outos et Rodrigo Affonso, prior do dito moesteiro et o conuento desse lugar, todos asembrados no cabidoo do dito moesteiro per tangemento de campââ assy conmo he duso et de costume, damos et outorgamos noso liure et comprido poder a Rodrigo Affonso, nosso prior, que por nos et en nosso nome et do dito moesteiro possa concambear ou emprazar por sempre ou por tenpo çerto, qual el uyre et entendere, conmo dito he, con Loppo Payz, mercador de Santiago, fillo de Pay Fagundez, notario de Santiago, et con sua moller Tareyia Uaasquez et con suas uozes o nosso casal de Fradega con todas suas herdades et casas et chantados et con todas suas dereyturas, que ao dito casal pertêêçen et lle pertêêçer deuen et per todos seus terminos, o qual casal et herdamento he na friigresia de sam Thome d ' Oames, et todo concambeo et enpraçamento que el fezer por nos et por lo dito moesteiro con sobredito, quer para sempre, quer por tenpo çerto, no lo outorgamos et auemos por firme, et prometemos et outorgamos de o non reuogar et toda cousa que el sobredito fezer, nen procurar que se reuoge per nos nen per outro, et per juramento que ende fazemos corporalmente aos santos auangeos en presença deste notario et testemoyas.

Ano 1343
Título abreviado FDUSC
Título Fontes documentais da Universidade de Santiago
Referencia Lucas Alvarez, Manuel / Justo Martín, María José (eds.) (1991): Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (Anos 1237-1537). (Edición diplomática). Santiago: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 184
Páxina 180
Autoría Diago Peres [...] Postomarcos et de Valeyron [Affonso Eanes]
Tipo/finalidade/xénero Poder
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Postomarcos et de Valeyron-[Pobra do Caramiñal-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL