Sabean todos que en presença de min Gonçaluo Eanes, notario publico en terra de Duura et de Montaos, et das testemoyas adiante escriptas, estando enno lugar que chaman Ranna, que e em fregesia de santa Maria dos Gorgullos, pareçeu frey Gomes Prego, frayre da ordem terçeyra, et diso que el estaua en pleito et em contenda con Fernan da Ranna et con seus yrmâôs sobre llos herdamentos et marcaçôês de Ranna et de Pintan per ante Lopo Rodriges, clerigo de santa Maria de Castello et per ante Garçia de Pââços, scudeiro, honmes bôôs, que dizia que eran ontre el et o dito Fernan da Ranna et seus yrmâôs, per huum conpromiso ende feito per notario, et que contenderan per ante os ditos honmes bôôs ata que o concludiron et pidiron sentença; et os honmes bôôs que foron a prender dereito, para dar mando sobre ello; et que acharon os ditos honmes bôôs per acordo con honmes letrados que auiamos a faser senllas prouas sobre lo dito pleito et mandaron a el et a min que prouasemos; et que uyna o dito Frey Gomes para faser a sua proua, segundo que lle mandauan aquelles amigos, aly enno dito lugar de Ranna, que lla defendeo o dito Fernan de Ranna per si et em nome de seus yrmâôs, con fiador para dereito toda proua ou prouas que o dito frey Gomes fezese contra elles.
|