logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Enna çidade de Santiago, viinte et çinquo dias do mes d ' oytubre do anno do nasçemento de noso Señor Ihesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et dous annos, en presençia de min Gomes Garçia notario publico jurado da dita çidade, et das testemoyas adeante escriptas, estando presente Juan Fernandes de Canas, coengo de Santiago, paresçeu Vaasco Lopes, fillo de Martin Afonso de Burgos et de sua moller Meçia Lopes, et diso que oje avia dous ou tres dias pouco mais ou menos lle fora dito per personas dignas de fe et de creer que a dita Meçia Lopez, sua madre, con liçençia do dito Martin Afonso, vendera et fezera carta de venda para senpre ao dito Juan Fernandes por ante notario publico do seu casal et herdades, casas et viñas con suas dereituras que chaman de Cores, que he enna flegresia de san Migell de Deyro, que agora ten arrendada Juan de Couçe do monte, et mais lle avia vendido aquela casa entregamente que esta enna rua da Moeda vella desta çidade, en que agora mora Nicolââo Alaman, junta con outra casa de Santiago, en que agora mora Juan de Mendoça, pertigeyro mayor da terra de Santiago, et sua moller dona Ynes, et de outra parte con outra casa en que soya morar Juan Raposo, canbeador, o qual casal et casa lle era dito que foran vendidos ao dito Juan Fernandes por quantia de noue mill et quinentos morauedis de moeda vella blanca en tres dineiros; et que por quanto os ditos casal et casa suso nomeados perteeçian a a dita Meçia Lopez, sua madre, por herança de seu padre Lopo Paez, que foy, et vina de sua tronquedade et avoengo, et el o dito Vaasco Lopez era mais propinquo et deçendia en linea directa, conmo fillo legitimo da dita Meçia Lopes, por lo qual lle perteesçia et deuia auer dereito por lo justo preço os ditos bêês, et os queria aver et recobrar por lo dito preço, por ende que requeria et requireu ao dito Juan Fernandes que lle dese et tornase logo os sobreditos casal, casas et viñas et herdades del et as ditas casas da Moeda vella de suso ditas, por los ditos noue mill et quinentos morauedis, porque as asi avia conpradas, que el era logo prestes de lle dar et pagar os ditos morauedis, et para elo et para faser a dita recobraçon que presentaua et presentou logo çento e seteenta dobras d ' ouro mouriscas, e quareenta floriins d ' ouro do cuño d ' Aragon, que valian et montauan a dita quantia dos ditos noue mill e quinentos morauedis, requerindo ao dito Juan Fernandes, que reçebese os ditos noue mill e quinentos morauedis enno dito ouro et se pagase e contentase dos ditos morauedis e lle tornase o dito casal con suas herdades, casas et viñas del et as ditas casas da Moeda vella.

Ano 1422
Título abreviado FDUSC
Título Fontes documentais da Universidade de Santiago
Referencia Lucas Alvarez, Manuel / Justo Martín, María José (eds.) (1991): Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (Anos 1237-1537). (Edición diplomática). Santiago: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 277
Páxina 296
Autoría Gomes Garçia notario publico [...] igleia de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Desembargo? [recobraçon]
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[Santiago de Compostela-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL