E mostroume o procurador do dito Vasco Lopes huna exsecuçon dada a a dita sentença per lo arçobispo meu Señor, per la qual o dito señor me manda que exsecute a dita sentença por la dita contia e por las custas en bêês do dito Gomes Rodrigues, fazendôôs vender en almoeda, segundo custume; e foy requerido que conprise a dita sentença e mandado do dito señor exsecutandoa por la maneira que o dito señor me mandaua; e porque ao presente sôô ocupado en negoçios e outras cousas que cunpre a seruiço do dito señor en tanto que por min meesmo non poso exsecutar a dita sentença, por ende, por esta carta vos digo e mando de parte do dito Señor e dou meu poder conprido que vejades as ditas sentença e exsecuçon a ela dada e as cunprades e exsecutedes segundo se en elas conten, e ennas conprindo e exsecutando, que vendades en publica almoneda quaesquer bêês que achardes que foron do dito Gomes Rodrigues e os rematedes a quen por eles mays der, fazendo entrego e pago ao dito Vasco Lopesdo prinçipal e custas asi conmo eu mesmo, se fose presente; e porque he çerto scripui aqui meu nome.
|