Sabean quantos esta carta de publico ystromento de poder vieren conmo eu Maria de Leys, muller que fuy de Garçia Rodrigues Vochas, escudeyro, cuja alma Deus aja, moradora que agora soo eno burgo de Ponte Asigueyro, non costrengida por força nen ynduzida por engano, mays de mina propia e liure voontade, sen outra premia alguna, dou e outorgo todo meu poder conplido, llenero, bastan[te], eno mellor modo, uia e maneira que eu poso e deuo de dar e outorgar para llo adeante contenido a vos Lopo de Leys, escudeyro, vezino e morador que sodes en a fregresia de Santiago de Verdeogas, que estades presente, para que por mi e en meu nome posades arrendar e aforar, dar, trocar, concanbear, enagenar o meu casal a que chaman de Andargente, con todas suas casas, casares, e herdades e viñas, aruores e plantados, yntradas e saydas, a montes e a fontes al dito casal pertenesçentes, lo qual dito casal es sito en la felegresia de san Mamed de Ribadulla, segund a min pertençe e pertençer deue de dereyto; lo qual dito poder vos dou e outorgo, segund dito he, para que posades arrendar, aforar, trocar, concanbear o dito casal con todas suas casas, casares e herdades, uiñas a montes e a fontes a qualquer persona ou personas asy eclesiasticas como seglares de qualquer horden, estado, pertinençia que sea, e fazer delo e de parte delo todo aquelo que vos quiserdes e por ven teuerdes, conmo de vosa cousa propia libre e quita, desenbargada, e por los tenpos e anos que vos quiserdes e por ven teuerdes e a vos ben uisto for, e para que façades de todo ello e de parte delo todo aquelo que eu misma faria e fazer poderia seendo a todo ello presente; e tal e tan conplido e bastante poder como eu ajo outro tal e tan conplido o dou e outorogo a vos o dito Lopo de Leys, escudeyro, con todas suas ynçidençias, mergençias, dependençias, anexidades e conexidades e con todas las outras clausolas que en dereito se requere, que eu prometo de non yr nen vier contra ello nen contra parte delo en nihun tenpo nen por alguna maneira; e renunçio e parto de min qual ley e dereito canonico e çeuil, moneçepal, e todas outras quaesquer leys, dereytos escriptos e non escriptos e todas outras boas razôôs, e a ley dos enperadores que falla en fauor das molleres, que se a dizer e alegar, que me non valla, nen seja sobre ello oyda nen resçeuida en juizio nen fora del, que eu prometo de non reuocar esto que sobredito he, que o ey e averey por verdade y corrato e glato e estable para todo tenpo de senpre, so obligaçon de meus vêês mobles e rayzes, avidos e por aver, que vos para elo obligo.
|