A terceyra partizon queyro e otorgo e mando que haja por sua herenza e partizon dos meus bes a ditta Isabel miña filla trinta mil mrs., para con que case, de moeda bella, has quaes trinta mil mrs. mando cos pague Gonzalo meu fillo ao tempo que ela ouber de casar; e pagandohos, que el fique e haja para sempre por elos demays da dita partizon sua a miña casa forte de Juvencos con hos coutos de Juvencos he de Loureyro e con hos cassaes de Masside e con todas has outras herdades e coutos e cassas e cassaes e mays que eu hey e me pertten ena terra de Orcellon, asi de foros como de patrimonio e de outra maneyra calquer en todo o bispado de Ourense sin embargo do dito Lopo meu fillo, e fazoo voz e persoa dos dittos foros.
|