logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Dia esta feira o primeiro dia do mes de jullo sabean quantos este contrato biren como eu Mayor Aras muller de Nuno Fernandez jurado que foy da çidade de Santiago por min e por todas minas bozes prometo e outorgo a vos o conçello, alcaldes, rregidores, jurados, e omes boos da dita çidade de Santiago que presentes sodes que eu e mynas bozes des oje este dia endeante para todo sempre por myna custa propia e das ditas minas bozes eu faza e procure e guise en tal maneyra por mi e por outros como os canos porque ben a augua aa praza do campo da dita çidade esten gardados e reparados en tal maneira que a augoa que por eles ben e ha de bir a os tornos da dita praça do campo se non perga por mingua de restoyramento e percuramento e bena dereitamente a os ditos tornos porque os bezinos e moradores da dita ciudade e o outro comun posan de la aprobeitar e tornandose ou quebrandose algun dos ditos canos que eu ho raposte e endereze e per mina custa propia en tal maneira que por ningun de restoyramento e percuramento a dita agua non cese de binr oos tornos que estan ena pila da dita plaza do campo e esto fazo a bos o dito concello e bezinos e moradores del por quanto consentistes e outorgastes que toda a augua que sayse e caese dos ditos canos e pila da dita plaza por debaijo da dita pila que eu que a tomase e lebase pola rua dos ferreiros por onde acostumou de andar dereytam.te para o meu agro que chaman de Nuno questá so a porta da Mamoa da dita cidade e que non consentisedes que nihun tomase contra direyto nen birtase os ditos canos et agoa que bina por eles aa dita praça nen a mi despoie que dela sayse e por quanto asi o mandou y consintio noso senor o arçobispo de Santiago don Lopo a rrogo de vos o dito conçello por sua carta que me sobre elo dou para o qual todo asi teer e cumplir eu e mynas vozes e non biremos contra ello nen contra parte delo obligomin e meus bens e hespecialmente o dito meu agro de Nuno y as rrendas e dereituras del para que eu e minas bozes tena e guarde e procure e cumpla todo o de suso dito e cada parte delo e nos o dito concello Martin Galos e Juan Ares da cana alldes ena dita cidade e Afon Fernandez Abrill e Fernan Gonçalez do Preguntoyro e Albaro Afonso Juan Leal Regidores Jurados e omes boos da dita çidade que somos juntados por grida de anafill ena notaria de Ruy Martin notario da dita çidade asi o outorgamos e recebemos e queremos e outorgamos que se bos for tomada ou enbargada a dita agoa por alguna o alguas personas que nos o dito conçello e alcaldes e regidores a fazamos desenbargar en manera que axades libremente feito e outorgado o dito contrabto ena dita ciudade ano dia e mes sobreditos testigos que a esto foron presentes Bernal Dianes do Campo basalo de noso senor el Rey e Pedro Britos e Alvaro Gill procuradores do dito conçello e Miguel Rodriguez e Joan Duran e Juan Ares chantreyro e Gonçalo Garcia de Faxans e Juan Martiz do bilar e Fernan Gomez cambeador e Bernal dias do camino vezinos e moradores ena dita çidade.

Ano 1418
Título abreviado GHCD
Título Galicia Histórica
Referencia López Ferreiro, Antonio (ed.): Galicia Histórica. Colección diplomática. Santiago: Tipografía Galaica.
Capítulo 42
Páxina 197
Autoría Ruy-Martin notario da dita çidade
Tipo/finalidade/xénero Convenio
Orixe
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL