It. mando a mia cama. en que eu jasco. que som quatro almadraques. dos quaes ssom dous de ffroxel et huun dalgodon et outro de borra et con seu cabeçal et con duas colchas et collo meu cubertor de pena ueyra et colla cuyracha noua et cun hun tapete nouo para ante a cama. et con hua cortina noua et hun destallo nouo para ante a cama et con .V. ffaceyroos. a meu sobrino dom affonso Sanchez arcidiago de trastamar Et que el por esta cama pague .MCCC. mrs. et estes dineiros mando que se metan en aquello que o Cabidoo de Santiago entenderen que mays prol seera do spital de jerusalem. en tal que os dineyros non uaan a maos do Cabidoo.
|